Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de junho, 2008

Lily Allen -- Smile

When you first left me I was wanting more But you were fucking that girl next door, what cha do that for? (what cha do that for) When you first left me I didn't know what to say I never been on my own that way, just sat by myself all day I was so lost back then But with a little help from my friends I found a light in the tunnel at the end Now you're calling me up on the phone So you can have a little whine and a moan And it's only because you're feeling alone At first when I see you cry, yeah it makes me smile, yeah it makes my smile At worst I feel bad for a while, but then I just smile I go ahead and smile Whenever you see me you say that you want me back And I tell you it don't mean jack, no it don't mean jack I couldn't stop laughing, no I just couldn't help myself See you messed up my mental health I was quite unwell I was so lost back then But with a little help from my friends I found a light in the tunnel at the end Now you're calling me up ...

Hoxe pode ser un gran día

É certo, non hai días malos. Todos os días poden ser de festa, ser grandes días, como canta Serrat. E hoxe éo, porqué non. Aínda que non conseguise ese posto de traballo na libraría. Non hai días malos, só días algo menos aloucados nos que só nos pode salvar rir. Porque, por moito que o ceo se anube, non vou dubidar do que vexo en mín, do que sei que me poboa. [ Trópico , de Roberto Forero ] Hoxe sona.- Día a día , de Nubla
Vaise achegando cada vez máis o tempo da colleita, fermoso verán. A colleita. Que non se boten a perder todo o esforzo e todas as bágoas. Que o tránsito sexa acougado no seu caos.

The Passenger - Iggy Pop

I am the passenger And I ride and I ride I ride through the citys backside I see the stars come out of the sky Yeah, theyre bright in a hollow sky You know it looks so good tonight I am the passenger I stay under glass I look through my window so bright I see the stars come out tonight I see the bright and hollow sky Over the citys a rip in the sky And everything looks good tonight Singin la la la la la-la-la la La la la la la-la-la la La la la la la-la-la la la-la Get into the car Well be the passenger Well ride through the city tonight See the citys ripped insides Well see the bright and hollow sky Well see the stars that shine so bright The sky was made for us tonight Oh the passenger How how he rides Oh the passenger He rides and he rides He looks through his window What does he see? He sees the bright and hollow sky He see the stars come out tonight He sees the citys ripped backsides He sees the winding ocean drive And everything was made for you and me All of it was made for you ...

Anuncios por palabras

Vendo corazón usado por tempo indefinido, tén algunha costura pero funciona ben. Responde con intensidade e paixón cando se lle trata con paciencia e unha pisca miudiña de cariño. Horarios flexibles. Prezo a convir. A quen lle vai interesar unha estupidez como esta... Pero quizais me anime e poña o anuncio polas rúas, en cada farola, en cada porta, en cada caixa de correo... Dín que os anuncios por palabras ás veces son (co)respondidos.

Novo blogue

Vos presento EN CONSTRUCCIÓN , o meu novo blog (paralelo). Consistirá na bitácora do día a día do nacemento dun proxecto literario humilde que teño remoéndome os miolos (será o calor do verán). A ver en que remata o experimento.

Pés que fan andar

XA HAI DATA PARA A ESTREA DA EXPOSICIÓN!! O sábado día 5 de xullo próximo, no Modus Vivendi en Compostela , ás 21h pónse en marcha. Podedes consultar o cartaz picando nel, ou vendo a web http://www.animaxes.com Haberá un viño de agasallo :) Espero que veñades, estades convidados e convidadas!!!!!

O segredo do lume nos meus ollos (cando penso en tí)

Agradable véspera de San Xoan, coas fogueiras, as sardiñas, o viño... Agradable véspera de San Xoan, reencontrando ós e ás que había tempo que non tiñan tempo de reencontrarme, ou de reencontralos e reencontralas eu (quizais non sabía como...). Agradable véspera de San Xoan, onte. Pero non estiveches, canso e vencido, malditos luns , dixeches. Estrañeite, por raro que che poida parecer. Que teñen as paredes da túa casa, labirinto imposible , que te illan do mundo que rebule arredor de tí e que te chama a berros? Sonan.- Lift me up , de Moby Thank you , de Dido ... Push the door, I'm home at last and I'm soaking through and through then you handed me a towel and all I see is you and even if my house falls down now, I wouldn't have a clue because you're near me and I want to thank you for giving me the best day of my life Oh just to be with you is having the best day of my life.

A mala educación

Teño un terrible defecto: a curiosidade. Todo me fai sentila e, ás veces, non é bo saber, porque ben certo é que descoñecer certos datos da nosa vida arredor nos fai máis felices. Non sei como controlala, se se desata asegúrame unha boa noite de insomnio, ou máis dunha. Por que os deuses me darían este don-castigo? Non o quero. Non.

Dia V

Predicción meteorolóxica para hoxe, día 21 de Xuño: ceos parcialmente anubados, 37º. Evidentemente, vou sufrir unha lipotimia. Aínda que nunca se sabe: os galegos soemos ser máis duros do que pensamos. Pero o que non nos quita ninguén é a mala ostia da que nos pón tantísima calor (alomenos a esta servidora). Viva el calentamiento global! P.S.- Xa non puiden resistir máis: levo papando calor dende as 11h ata agora, as 20:55h. E segue indo calor. Rendínme: xa non aguantaba ter que ver tanta xente bébeda bailando pasodobles nunha carpa sen aire acondicionado a 38º o más. Estou tranquilamente en casa (allea), ducheime, recollínme o cabelo mollado, encendín o portátil, fun ao frigo a por un vaso de leite frío, encendín o aire acondicionado e nada, a vivir. Unha voda dura o que dura, señoras e señores. O xustiño para non aborrece-la especie por completo. Aguantar conversas algo estúpidas e /ou surrealistas, comer pouco e mal, sentirse incómodo ca roupa nova e pedir que Deus faga que sirvan ...

Reincorporar as meditacións

Estiven reflexionando e creo que si debe seguir no seu sitio o post que gardei días atrás, porque tén moito sentido, porque é verdade, porque é o que sinto e como me sinto con respecto a unha situación doorosa. Por que gosto tanto de magoarme? Por que amar resulta sempre unha perda para mín?

De novo, Marioliña vai de voda

Outra vez (este ano son como unha peste) vou de voda esta fin de semana. A voda en si xa supón un severo inconvinte para mín, que non me gusta comer nin pasarme horas sentada, e menos con xente coa que non vou ter tema de conversa. Outro dos factores en contra é a vaga de calor que me vai derreter os miolos (seguramente, entr outras partes da miña constitución e do meu humor) en Extremadura (adoro Extremadura, lo prometo , pero o mercurio marcando máis de 32º me supera...). Outro dos factores en contra... non hai máis factores en contra. É só espírito combativo. :) Vou aproveitar o aire acondicionado para escribir unha ideiña que se vén formando na miña cabeciña rebulideira dende hai un tempo.

Fin de curso

Hoxe toco no festival de fin de curso. Parece que volvo atrás no tempo. Non me apetece nada. Estou desmotivada. E non é para menos, pero iso xa mo gardo para min. P.S.- Algún de vós bota en falta un post, que xa non se pode ler, pero que non desapareceu, está na miña pasta de borradores. Estou empregando a miña lista de consellos para non ferirme: procuro manter a boca pechada, os ollos pechados, o corazón cicatrizándose. Grazas a todos e todas os que destes a vosa ollada sobre o tema. Agradecerei sempre os vosos consellos, de corazón. Un beijo para todos e todas.

Promesas

Planexo facerme unha lista de promesas. Promesas para non ferirme, para non esquecerme de mín nunca. Planexo facelo pero sempre as considero algo inútiles, por iso de que ás veces non se cumpren. Agora teño a vontade, pero non a lista. Podería comezar así: 1 . Non digas o que non sintes. 2 . Non esixas ós demáis o que non lles vaias dar. 3 . Aprende a ter a boca pechada cando che sexa útil, a pesar de que a situación requira que deas a túa opinión. 4 . Non prometas o que non vaias cumprir. Creo que é un bo comezo..., non? Hoxe sona.- Aire , de José Mercé

Sen noticias

Unha semana sen noticias. É bo momento para abrir os ollos á realidade da situación: NON HAI SITUACIÓN. Mírome no espello cada mañá e penso "pobre estúpida". Férveme o orgüio, envelénaseme o sangue, Hydra de Lerna, Medusa . Deixas de entrar pouco e pouco nos meus plans de futuro hip o atético. Non queiras saber de mín nunha tempada. Non é aconsellable para tí, nin para mín, nin nos resultaría grato como a primeira (e última, entendo) vez. ...A menos que foses capaz de facerme perder a cabeza. E, sinceramente, créoo bastante improbable.

Deliciosa preñez

Teño un soño que se repite últimamente con bastante frecuencia. Soño cunha barriga redonda e fermosa, de pel tersa e brillante na que palpuxa a vida. Soño coa fecundidade do meu corpo. Soño con fermosas crianzas de pel branca, de ollos claros e de boca encarnada que me sorrín mentres os arrolo nos meus brazos e se agarran ao meu peito, aos que encho de bicos e de agarimos e canto polo baixiño mentres adormecen. E sei que, cando soño isto, sorrío durmida e sinto unha fonda paz e unha fresca ledicia. Isto pode ter moitas interpretacións, supoño. Poida que estea entrando nunha etapa de gran creatividade, ou que por fin vaia ver os froitos de anos de traballo. Ou que, simplemente, a miña natureza desexe a berros a maternidade.

Sobre a publicación

Grazas a todos e todas por preguntar polo meu repoliño . Aínda terei que esperar a Setembro para que chegue ás miñas mans e ás vosas. Seica que o parón do verán é importante nas librarías e por iso hai que esperar á colleita das uvas maduras :) Así que vos manterei informados e informadas 100% en canto vaia sabendo datas e todas esas cousas das presentacións, pero despois das vacacións que teredes, ben merecidas seguramente. Hoxe sona (aínda que non casa co post, pero me apetecía reescoitar este tema).- She's a star , de James P.S. Alguén tén o disco Whiplash de James???? Que levante la mano! e mo deixe...

O xogo de D'Agolada

Gustei da idea que acabo de ler no blogue de D'Agolada e alá vou. Consiste en definirse a través do nome do blogue de cadaquén. Pode resultar un exercicio curioso de sicoanálise. E ademáis, gratis. Vexamos... NAVICULARIA vén de N - de narración. Un blogue non tén senso se non conta nada. A - de aburrimento, unha das principais causas polas que comecei a escribir neste gran caderno dixital. V - de viaxe, de verso. Ás veces, só as palabras poden levarme onde quero ir. I - de interrogación: a vida é para mín unha constante busca interior e exterior, unha pregunta que nunca responderei. C - de curiosidade, que disque que matou ó gato :S U - de ubicuidade. É a sorte da iNET, que podes estar en todas partes :D L - de ligazón, de lazo con todos e todas os e as que ledes este pequeno libro aberto. A - de alegría. De compartir a alegría que me move, ou da falta dela, a escribir. R - de reloxo. Maldito tempo, idea recurrente na miña cabeza. I - de imaxinación, de ironía, de imbécil, tamén, ...

Relacións contractuais

Por fin, a miña primeira relación que dá froitos: a relación coa editorial que me publica o poemario. As outras vánme... en fin. Non son moi fructíferas que se diga... Xa comeza a moverse a maquinaria. Axiña nos veremos celebrando nos bares. Daríavos una aperta a cada un / unha dos e das que ledes este blogue, da alegría que sinto. Daréivola en canto poida. Pórta por pórta, corpo por corpo.

A flexibilidade do Tempo

Non consigo comprender a elástica maleabilidade do Tempo, medido polo mesmo reloxo sempre, negra=60, tic tac tic tac ... Creo que falamos disto ti e máis eu comendo cereixas... Esta semana vai tan a modo que case sinto o peso dos segundos sobre o meu peito ás noites, mentres fico cos ollos abertos mirando o teito, pensando en novas viaxes que están por vir. Supoño que é cuestión de paciencia recuperar o pulso interno, superar a arritmia. [A imaxe collina de aquí ] Hoxe sona.- Te quiero igual , de Andrés Calamaro

O que deixa no meu cuarto a maré

Cando o temporal se vai calmando, a miña casa parece un campo de guerra. É entón cando debo entregarme ao cerimonioso traballo de restaurar a orde entre o caos. Vólvome coidadosa, paciente, meticulosa, hiperactiva. Supoño que debo arranxar todo o desorde ordenado que a maré trae ao meu cuarto cando te marchas e chega o sol de novo, famenta tempestade doce. Supoño que non hei de estrañarte nunha longa tempada. ...E é mellor así. [A imaxe collina prestada de aquí ...] Hoxe sona.- I heard Love is blind , de Amy Winehouse ...What do you expect? You left me here alone; I drank so much and needed to touch Don't overreact – I pretended he was you You wouldn't want me to be lonely...

Trincheira

Coñeces moitos corpos de muller / ningún tan cálido como o meu estou case segura Os lenzos do teu leito quedan, despois de min, cheos de aromas de níspero maduro e de cereixa/tamén o ceo da miña boca o teu alento na miña caluga Os meus beizos prenderon nun arame de espiño / sangraron todos os beijos posibles bágoa sonámbula sobre un fío de cor amarelo que xa non sei / xa non me abandona na noite perfumada trincheira fiestra acribillada do recordo que sempre diverxe do camiño trazado nun plan case perfecto que / coma tí / nunca fica

Exposición "Pés que fan andar" no MODUS VIVENDI

A partir do un de xullo comeza a exposición "pés que fan andar" , da que é coautora esta servidora de vds. todos e todas. Podedes ver a info aquí.

Coroas de flores no meu pelo

Hoxe merquei flores nunha tenda que hai perto de casa. Dín que traen alegría ao fogar, que é relaxante compoñer os xerros, tecer coroas e fintas con elas, colocalas entre os cabelos e xogar a ser Ofelia. Dín que traen alegría ao fogar, pero non son quen de sentila. Eu só desexo tiralas no lixo. Para non ter que velas coloridas e afogarme en bágoas sen máis remedio, pequenas margaridas amarelas e semprevivas. Semprevivas...

Morriña

No poemario dos caracois está este poema, que vai como unha luva a medida para as miñas mans agora mesmo, nestes días. E nos que quedan. Se puidera esgazaría de pouco dos arquivos dos mapamundi abstractos e desproporcionados as patrias ausentes xamais esquecidas que máis me doen. Illalas así do resto que me dá forma para prender con garfos as súas fronteiras na carne aberta aprendendo as arestas todas nas prantas dos pés e nos tendóns da miña garganta calada. Para rinchar os dentes e desgastalos por esta pena que non flúe nunca (ata o suicidio). Hoxe sona.- All I need , de Air

Día Mundial das Cancións Chungas

Declaro hoxe, día 4 de Xuño, como Día Mundial das Cancións que me fan Chorar. A cor para el non é o laranxa, sol radiante, como soe ser. Hoxe quédome co azul prusia . E cos paquetes de panos para limpa-los mocos (sempre é mellor que lambelos ca língua) e das comisuras polas que se filtran solermiñas as bágoas salgadas, pena que se retroalimenta. Terrible desequilibrio que me morde as éngoas con violencia homicida. É o día do cambio definitivo. Xa nada, N A D A , resulta o mesmo. Hoxe sonan.- Besaré el suelo e Lo eres todo , de Luz Casal

Bebe -- Siempre me Quedará

Siempre me quedará la voz suave del mar, volver a respirar la lluvia que caerá sobre este cuerpo y mojará la flor que crece en mi, y volver a reír y cada día un instante volver a pensar en ti. En la voz suave del mar, en volver a respirar la lluvia que caerá sobre este cuerpo y mojará la flor que crece en mi, y volver a reír y cada día un instante volver a pensar en ti.

Camiños

Chegaches en Marzal e decidiches quedar comigo. A luz dos días foi alongándose máis, alongando tamén a túa sombra fragrante. A luz dos días trouxo a cor a esta invernía que me poboaba, chorima orballada, sol en miniatura entre as espiñas, beijo doce envelenado. Decidiches quedar comigo. Ferínme enfebrecida as máns e o peito por ti. [Da exposición de fotografía e textos "Pés que fan andar", que se inaugurará a mediados deste mes en Compostela]

Agolada segundo Marioliña

Quizais aínda non sexa o momento de que eu tamén aporte a miña visión sobre a xornada en Agolada. Quizais deba deixar que o pouso dese día e destes días que estou a vivir, primeiros de xuño, se faga un pouco no lugar que ocupa xa no meu peito aberto de paxaros e volvoretas rebulideiras para contalo e contalos. Quizais. Agolada foi (é) a Aria das Variacións Goldberg de Bach, os versos de Benedetti recitados nunha noite de poesía a berros polas rúas de Compostela, o perfume do corpo dunha muller entre os lenzos, a luz do sol nos cabelos loiros, as apertas e os encontros reencontrados, a melodía doce do violino, da zanfona, da palabra besbellada. Sempre. Agolada é unha pomba que marcha e sabe volver á miña fiestra para amosarme que hai un día novo despois de cada día. Que nunca sabe un/unha que sorpresas lle esconde a pedra entre a palabra ou viceversa, aínda ben para namorar (ou namorarse).