Avançar para o conteúdo principal

Novo blogue

Vos presento EN CONSTRUCCIÓN , o meu novo blog (paralelo).

Consistirá na bitácora do día a día do nacemento dun proxecto literario humilde que teño remoéndome os miolos (será o calor do verán).

A ver en que remata o experimento.

Comentários

paideleo disse…
Non sei de onde sacas tempo para traballar tanto.
Unknown disse…
Pois precisamente diso mesmo: de non ter emprego remunerado :D

E como son un fervello, teño que facer cousas todo o tempo, senon rebentaríame a cabeza, seguro.

:)

Hoxe mesmo teño unha entrevista de traballo, a ver que pasa. Cruzade os dedos e pedide por mín.

Un saúdo agarimoso!
d´Agolada disse…
Pois haberá que ver que tal está. BIcos
Anónimo disse…
Alédame o proxecto ;)
paideleo disse…
Pois que tiveses sorte coa entrevista.
Mararía disse…
Vou a ver En Construcción.
Paz Zeltia disse…
Que disfrutes moito a creación do blog e da historia que medrará nel.
(E espero que tiveras sorte na entrevista)

:)
En Construcción gústame, entre outras cousas, debido a que ainda non lle colgaches vídeos. Irei pola obra, pero falarei por estoutro lado.

Beijos
Unknown disse…
Non haberá vídeos!!!!
Vas vir á presentación do sábado que vén?????

Porfiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!!!!


Beijosmil!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.