Avançar para o conteúdo principal

Morriña

No poemario dos caracois está este poema, que vai como unha luva a medida para as miñas mans agora mesmo, nestes días. E nos que quedan.




Se puidera
esgazaría de pouco dos
arquivos
dos mapamundi


abstractos e desproporcionados

as patrias ausentes
xamais esquecidas


que máis me doen.

Illalas así do resto que me dá forma
para prender con garfos
as súas fronteiras na carne aberta
aprendendo as arestas todas
nas prantas dos pés e nos tendóns da miña garganta calada.


Para rinchar os dentes e desgastalos por esta pena que non flúe nunca
(ata o suicidio).



Hoxe sona.- All I need, de Air

Comentários

Cuspedepita disse…
Ruliña, lémbrao sempre: Todo pasa.
Ningún inferno aguanta o paso dos días e das horas. Outro día volverá a sair o sol.
Dicho alguén que pasou polo inferno algunhas veces.

Unha aperta.
Unknown disse…
Eu xa o pasei moitas veces tamén, non creas. Pero os poetas somos teimudos. As nosas patrias ausentes moran en nós, afógannos ás veces e tráennos aromas de tenrura outras.

Eu estou naufragando esta vez.
Pero xa chegarei a outra praia.

Mentres, hai que seguir nadando...
Como me gustan as metáforas. Se poideran comerse á parrilla...

Bicos nadadores

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.