Avançar para o conteúdo principal

Dia V

Predicción meteorolóxica para hoxe, día 21 de Xuño: ceos parcialmente anubados, 37º.

Evidentemente, vou sufrir unha lipotimia.
Aínda que nunca se sabe: os galegos soemos ser máis duros do que pensamos.

Pero o que non nos quita ninguén é a mala ostia da que nos pón tantísima calor (alomenos a esta servidora).

Viva el calentamiento global!


P.S.- Xa non puiden resistir máis: levo papando calor dende as 11h ata agora, as 20:55h. E segue indo calor. Rendínme: xa non aguantaba ter que ver tanta xente bébeda bailando pasodobles nunha carpa sen aire acondicionado a 38º o más.

Estou tranquilamente en casa (allea), ducheime, recollínme o cabelo mollado, encendín o portátil, fun ao frigo a por un vaso de leite frío, encendín o aire acondicionado e nada, a vivir.


Unha voda dura o que dura, señoras e señores. O xustiño para non aborrece-la especie por completo. Aguantar conversas algo estúpidas e /ou surrealistas, comer pouco e mal, sentirse incómodo ca roupa nova e pedir que Deus faga que sirvan axiña o café.

Pero ben que me fumei o puro. Iso si. Que carallo.

Comentários

Anónimo disse…
Fumar non che é bo, aínda que visto o panorama, creo que se che pode permitir.

Resiste
Unknown disse…
Resisto tamén nas túas palabras.

Resiste comigo (xa queda menos).

Beijos de madrugada
Jorge¡¡¡ disse…
Mira que casarse¡¡¡

A xente está tola¡¡¡

Mal augurio tanto calor en una voda, si¡¡

Tocar madera¡¡¡

Un saludo "fressssssssssssssco"¡¡¡

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.