Avançar para o conteúdo principal

Coroas de flores no meu pelo



Hoxe merquei flores nunha tenda que hai perto de casa.

Dín que traen alegría ao fogar, que é relaxante compoñer os xerros, tecer coroas e fintas con elas, colocalas entre os cabelos e xogar a ser Ofelia.

Dín que traen alegría ao fogar, pero non son quen de sentila.

Eu só desexo tiralas no lixo. Para non ter que velas coloridas e afogarme en bágoas sen máis remedio, pequenas margaridas amarelas e semprevivas.

Comentários

Mararía disse…
Das moitas pinturas que hai de Ofelia, escolliches a de Millais que é a miña preferida, xunto ca litografía que fixo Delacroix. Eu teño tamén nun dos meus post a Ofelia entre as frores, xa do simbolismo de Odilon Redon.

Un saudiño, encántame ésta de Millais.
Unknown disse…
Graciñas por achegarte a esta pequena morada cibernética, Silvana.

A Ofelia de Millais é tan estarrecedora como fermosa, imaxe da morte doce, terrible morte.

Encantada de que entres, non precisas chamar á pórta.

Beijosmil

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!