Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción. Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...
Comentários
(Borra e volve incorporar canto queiras; é así como se fai. Non che hai outro xeito)
Beijos filosóficos
Espero que eses verbos esdrúxulos poidan converterse algún día en besbellos ao oído, en mans dadas polo camiño, en crianzas que arrolar nas horas quentes dos días de vran para durmir a sesta.
Beijos mil (aínda espero que me chames...).
Quizais sexa defecto do animal. Quizais sexa que non sei amar.
Quizais sexa que ame tanto a dor que me produce amar que me cegue niso.
Non sei. O único que sei é que doe, doe tanto...