Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de julho, 2008

Cando volve a chuvia

Cando volve a chuvia, vaste. Chegas con ela, marchas con ela. Supoño que cando o vento cambia non podes ficar en ningures. Nin sequera aquí comigo no arrolo maino do meu peito. Alomenos, quédame a palabra que non che dixen por se fería de máis os nosos corpos cansos os nosos beizos besbellantes como un canto de berce que se repite sempre cravada na fronte e nas mamilas secas estigma como un berro que se eslúe esvarando nos cristais entre pingueiras adormecidas. [De "Así que pasen seis anos" , poemario inédito, M.N. Soutelo] B.S.- The heart asks the pleasure first , Michael Nyman, do filme "O piano" , Antes , de Jorge Drexler e Agua , de Jarabe de Palo Pasión y ley, difícil mezcla, agua y sed, serio problema. Cuando uno tiene sed Pero el agua no esta cerca, cuando uno quiere beber pero el agua no esta cerca. Qué hacer?, tú lo sabes, conservar la distancia, renunciar a lo natural, y dejar que el agua corra.

Fin de contrato

Para todo hai un tempo. E o contrato rematou. Agora, tomarei alento. Descansarei. As relacións contratuais son difíciles de levar ás veces. Un nunca acaba conforme por completo. E eu, parafrasándote, nunca me conformo con nada . Hoxe sona.- What is it about men , de Amy Winehouse. I'm nurturing, I just wanna do my thing and I'll take the wrong man as naturally as I sing and I'll save my tears for uncovering my fears for behavioural patterns that stick over the years It's bricked up in my head, it's shoved under my bed and I question myself again: what is it 'bout men? My destructive side has grown a mile wide and I question myself again: what is it 'bout men?

O traballo ou a vida

Como dín nos filmes de bandidos: a bolsa ou a vida. Eu cambio hoxe o da bolsa (que anda bastante exigua no meu caso) por " o traballo ". Tamén é certo que hai traballos e traballos: hai algúns que fan completa a nosa existencia e hai outros que nos van murchando de pouco en pouco. Non podo co corpo hoxe, pero teño a alegría feliz. E iso, por pouco que poida parecer, xa me basta.

Tic tac

O tempo vai pasando, conta atrás ou suma, sempre depende da perspectiva. Concéntrome nese irse indo. Non teño apetito, nin falla del, nin impaciencia, nin sono, nin mágoa, nin ledicia. Alomenos, terei convidado na casa, ledicia anovada que entra pola porta e polas fiestras. Que permaneza un anaquiño. Que permaneza. Hoxe sona.- Shattered , de The Cranberries I'm trying to control myself So please don't stand in my way I've waited for the longest time This is what I wanted in my way Move over, move over There's a climax coming in my way [...] Please, don't stay in my way.

Deliciosa xornada de sol

Como xa dixen no post anterior, hoxe tocaba praia. E o máis marabilloso, ademáis do sol, do olor e do son do mar é ESCRIBIR. O relax do lugar permitiume dar azos ás palabras. E aquí volas deixo. TRES POEMAS DE MAR E SOMBRA 1. Dóeme o peito árbore que medra. Corto a garganta para calar para beber o sangue quente ata vaciarme /aliméntome. Non importa o vento do mar que me arrinca o orgüio e me golpea o corpo con agullas a lategazos. Porque, se cruzo os dedos sobre a carne aberta/ mar escumado/ ponte aínda sinto a respiración axitando as costelas. 2. Non pidas beber do manancial agrio das areolas escurecidas das miñas tetas porque xa non teño paciencia/ nin calor nin forzas /criança para sosterte entre os brazos que xa nin a min mesma me rexen. 3. Non fagas que me choren os ollos a luz da mañá fere as paredes do cuarto. Deixa que durma un anaco máis / cotiá inconsciencia voluntaria mentres te vas indo recolle todo o teu e pecha con coidado a porta en silencio. Hoxe sona con estes poemas.-...

Día de praia...o domingo

Xa me estou frotando as mans! Mañá, toca día de praia, perfecto! Sen Operación Bikini , sen moreno de raios UVA, con umbrella e con protección alta para o sol, ademáis do meu vestido hyppie que xa soportou todas as edicións do festival de Ortigueira ás que fun. E o sombreiro. Adoro os días de praia. Buscar historias nas cunchas, remover os dedos entre a area, mollar as coxas, a face, probar o sabor salgado da auga fresca coa língua nos meus beizos... Flotar... Adoro os días de praia, a anarquía calculada das horas. A brisa mareira, beijo de iodo, no meu cabelo alourado.

Comeza o agobio

Hoxe comezan as Festas do Apóstol, e xa me sae a xente pola punta dos pelos. Vou pasar toda a semana lonxe de aquí, ou na casa. Sairéi para o mínimo imprescindible: mercar comida, ver a algún/algunha amigo/a..., máis nada. Só de pensar nas greas de persoas invadindo a zona vella éntranme suores fríos. Nestes días só penso en ESCAPAR!! Praia e faro de Carnota [A foto vén de aquí ] Hoxe sona.- Struggle for pleasure , de Wim Mertens

Sobreviviré a esta vida que tengo

y que es la mía... Cumprir promesas é duro e doloroso, pero necesario. Cumprín a miña promesa, agora xa o sabes. Aínda que xa non che importe. Nin a mín. Hoxe sona.- Promises , de The Cranberries Oh, all the promises we made All the meaningless and empty words I prayed, prayed, prayed Oh, all the promises we broke All the meaningless and empty words I spoke, spoke, spoke

As miñas novas cualificacións

Je . Acabo de recibir no meu buzón as cualificacións definitivas de acceso á universidade (outra vez). Parece de coña, pero ata iso (sendo xa licenciada) teño que ter. A ver se alomenos me dan praza na ditosa carreira que quero. Entro na nota de corte, xustiña. Pero aí estou: no lugar axeitado no momento oportuno, supoño. Nunca está demáis ser un pouco fedello, curiosa e inqueda. Nunca está demáis probar a resistencia propia da nosa mente e do noso corpo, ou a dos outros... Nunca está demáis vivir.

Espere... trabajando...

Quen ía dicir que completaría a miña formación cun curso de camareira de piso. Pois si. E aquí sigo. Viva! O que non teño é a cabeza para moita poesía, só cando me deito e fico durmida. Pero prefiro este corpo canso. Este corpo núo extenuado deitado na cama, cuberto cos lenzos como se estivese morto, pero que alenta maino. Amado corpo.

Fin da escea

Remataron as entrevistas. Por sorte, hoxe é o día da horchata en Alboraya (Valencia) (estáno dicindo na tele). Deliciosas améndoas. A de onte foi algo caótica, sen guións, sen liñas de direción para seguir. Escribín un microrrelato a petición do conductor do programa que vos deixo aquí ( a calidade deixa moito que desexar, seino...). ""Quixo mirar a través do cristal, quixo escoitar o palpuxar do ruído de fóra. Quixo escoitar o seu propio pulso acelerado. Pero non sentía nada arredor, cubículo. Nada. Agás da luz vermella que se acendía, sinal, guía das súas palabras, pequeno Pavlov. O estudio de radio foi apagando as luces, paseniño. A xornada remataba outro día máis."" A noite non daba para moito, tampouco... Eu a esas horas soio estar ben durmindo, ben de troula. Non escribindo relatos para unha entrevista. Pero xa caeu o pano. Nada se rectifica. Hoxe sona.- J'y suis jamais allé , de Yann Tiersen

A entrevista

Onte entrevistáronme un pouqueniño no programa "O tren do serán" da Radio Galega, sobre a exposición. A miña intervención foi breve. (Podedes escoitala na web da CRTVG) Hoxe, tamén na Radio Galega, participarei no programa "Aquí xa é noite", e espero ter posibilidade e ganas de esplaiarme todo o que me apeteza, tamén sobre a expo. ...Creo que comezo a repetirme un pouco. Tamén creo que é posible que atope traballo axiña. Confío niso. Todo é cousa de ir facendo os sucos precisos. E comezar con bo pé a sementeira.

Catálogo da Exposición "Pés que fan andar"

Está á venda o CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN "PÉS QUE FAN ANDAR", da que son co-autora, e que contén 18 fotografías cos seus correspondentes microrrelatos. Para os e as que esteades interesadas/os, o seu prezo é 10€ , que podedes ingresar no número de conta bancaria que vos facilitarei por correo electrónico . Os gastos de envío corren da miña man. Hai dúas versións do libro, en castelán e en galego . Dende logo, é o agasallo perfecto se tendes algún compromiso nestas datas. Igualmente, están tamén á venda as fotografías (acompañadas do seu relato) en diferentes tamaños (consultádeme para prezos e iso). Podédelas ver aquí e escribir ao correo que figura na web info@animaxes.com

Frustrante espera

Un nunca sabe. Dende que levo buscando emprego, non sei cantas horas puiden deixar á frustración, e sinceramente, prefiro non contalas, porque me deprimiría de plano. Ademáis, parece que canto máis te formas, menos apetecible es para as empresas. Que lle imos facer. Algunha cousiña sairá, só hai que ser perseverante e ter paciencia. Supoño que esas dúas cualidades forman parte do proceso de madurar. Alomenos, mañá teño unha entrevista na Radio Galega polo tema da exposición , a iso das 17:30h , no espazo "O tren do serán" (ou algo fonéticamente parecido...). De aquí al estrellato... (vaia consolo estúpido para a miña vanidade...). Pero nalgo haberá que entreterse, digo eu.

A inauguración

Velaí unha imaxe da nosa cerimonia inaugural. Aí vola deixo. (Eu son a pequeniña no fondo á esquerda da foto, que está lendo). (... e si, o do primeiro plano -de 3/4- é Manquiña...)

Resaca

Segundo indica o diccionario da RAG resaca s.f. 1. Movemento de retroceso do mar, despois de romperen as ondas contra a terra. Hai praias en que a resaca é perigosa . CF. refluxo. 2. fig. Malestar que se produce ó día seguinte dunha borracheira. Dóelle a cabeza da resaca . Eu falo da segunda definición, hoxe. Pero falo ben baixiño, porque senon, písanme os elefantes. [a foto é de aquí, pero fareime un par delas semellantes hoxe, seguro...] P.S. - A inauguración foi moi ben, moi divertida, sobre todo, que era o que buscabamos. Hai xa xente interesada nalgunha das fotografías, e os meus relatos-poemas gustaron terriblemente. Síntome agradecida e satisfeita. Grazas a todas e a todos. Hoxe durmirei o que queda de día, se cadra...

Un día para a Apocalipse

Xa só queda montar a exposición no local. Iso será mañá, igual que a inauguración. Hoxe toca aguantar a chuvia, terrible chuvia, que me deprime e me fai chorar mares de anguria que se escuman contra as miñas rochas. Quero que marche. Que se vaia da miña vida, da miña casa, da miña alegría. Pero, cando?

Conta atrás para a inauguración

Isto das contas atrás é un pouco fastidioso. E o do tema de organizar e dos últimos retoques e da publi e das relacións idem..., en fin... Espero que todo saia medianamente ben. Por certo!!!!! Xa están tamén listos os libros-catálogo da expo, con todos os relatos e fotos ( non esperaba que a imprenta rematara a tempo..., sinceramente). A todas e todos as e os que esteades interesadas/os en facervos cun exemplar tendes dúas opcións: vir á exposición o sábado (que sería xenial!!) ou enviarme un correo a info@animaxes.com coa vosa dirección postal, onde vos enviarei a costes pagos o libro (que custa 10€). Igualmente, estarán á venda as fotografías cos seus correspondentes relatos, asinados polos autores (os prezos varían segundo os tamaños). Hoxe sona.- The 59th Street Brigde song (Feelin' Groovy), de Simon & Garfunkel I've got no deeds to do, No promises to keep. I'm dappled and drowsy and ready to sleep. Let the morning time drop all its petals on me. Life, I love you,...

Síntomas

Levo uns meses cunha sintomatoloxía estraña. Teño febre pola noite, (37,5º - 38º), cansazo durante todo o día, falta de apetito e a consecuente perda de peso. Hai algún médico na sala?