Avançar para o conteúdo principal

A entrevista

Onte entrevistáronme un pouqueniño no programa "O tren do serán" da Radio Galega, sobre a exposición. A miña intervención foi breve. (Podedes escoitala na web da CRTVG)

Hoxe, tamén na Radio Galega, participarei no programa "Aquí xa é noite", e espero ter posibilidade e ganas de esplaiarme todo o que me apeteza, tamén sobre a expo.

...Creo que comezo a repetirme un pouco.

Tamén creo que é posible que atope traballo axiña. Confío niso.
Todo é cousa de ir facendo os sucos precisos.
E comezar con bo pé a sementeira.

Comentários

asbeirasdoarnego disse…
Oe a que hora é ese programa??
teño que escoitalo
Unknown disse…
O programa comeza a iso das 23h.

Grazas por estar desoutro lado das ondas!
Angel Utrera disse…
Xa teño a radio conectada, son as ,,,22,55, estou agardando....Agora escoito un programa deses que chama axente e conta cousas...a locutora é unha rapaza. creo que chamase Susana.....
Anónimo disse…
Gustoume a entrevisa e desta vez falaches máis ;)

Ves como o da voz, non cho dixen eu so, que cho dixo o da radio..;)

Beijos
Paz Zeltia disse…
Bueno, pois a ver se vas tendo sorte. Din que o que a sigue a consigue!
Cuspedepita disse…
Mandeiche unha mensaxe ao correo polos cat�logos ;-)

Vou ver se podo escoitar algunha das entrevistas agora.

Moita sorte con todo !

Biqui�os
Cuspedepita disse…
Estou escoitando a entrevista do mércores e está xenial!
Agora entendo mellor moitas cousas...(refírome ao catálogo e á exposición ;-))
Os comentarios sobre as fotos non teñen desperdicio.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!