Avançar para o conteúdo principal

Fin da escea

Remataron as entrevistas.

Por sorte, hoxe é o día da horchata en Alboraya (Valencia) (estáno dicindo na tele). Deliciosas améndoas.

A de onte foi algo caótica, sen guións, sen liñas de direción para seguir.
Escribín un microrrelato a petición do conductor do programa que vos deixo aquí ( a calidade deixa moito que desexar, seino...).


""Quixo mirar a través do cristal, quixo escoitar o palpuxar do ruído de fóra.

Quixo escoitar o seu propio pulso acelerado.
Pero non sentía nada arredor, cubículo.
Nada.
Agás da luz vermella que se acendía, sinal, guía das súas palabras, pequeno Pavlov.

O estudio de radio foi apagando as luces, paseniño.

A xornada remataba outro día máis.""


A noite non daba para moito, tampouco... Eu a esas horas soio estar ben durmindo, ben de troula. Non escribindo relatos para unha entrevista.

Pero xa caeu o pano.
Nada se rectifica.


Hoxe sona.- J'y suis jamais allé, de Yann Tiersen

Comentários

d´Agolada disse…
Pois non está tan mal. Saúdos
Anónimo disse…
Saiu ben ;)
Cuspedepita disse…
Non esteas tan segura de que remataron as entrevistas, cando empeza a correr a bola...
Unknown disse…
Nunca se sabe... Iso é certo.
LM disse…
nom há dois sem tres...
Jorge¡¡¡ disse…
Pequeno Pavlov, ehhhh????
Ta bueno¡¡
Escoitei a entrevista, a grande¡¡

Non recordo así a tua voz. Cousas das ondas, supoño.

En fin¡¡

Micro-saúdo¡¡¡
Unknown disse…
Mekemeke! déixate de microsaúdos e cómprame un catálogo, que só valen 10€.

Espero que todo vaia ben..., e a miña voz sempre foi así, alomenos dende a universidade (me estoy haciendo vieja...)

Unha aperta!