Avançar para o conteúdo principal

Fin de contrato

Para todo hai un tempo. E o contrato rematou.

Agora, tomarei alento. Descansarei.
As relacións contratuais son difíciles de levar ás veces.

Un nunca acaba conforme por completo.
E eu, parafrasándote, nunca me conformo con nada.


Hoxe sona.- What is it about men, de Amy Winehouse.

I'm nurturing, I just wanna do my thing
and I'll take the wrong man as naturally as I sing
and I'll save my tears for uncovering my fears
for behavioural patterns that stick over the years

It's bricked up in my head, it's shoved under my bed
and I question myself again: what is it 'bout men?
My destructive side has grown a mile wide
and I question myself again: what is it 'bout men?

Comentários

Con tanta cultura parece que da gusto, pero o breve, se é un contrato laboral, non sempre é bo.
Podes poñelo en inglés ou en gaélico.

Bicos multilingües
paideleo disse…
Que o vindeiro contrato sexa mellor !.
Nuevo Ícaro disse…
Pronto encontraras un curro mejor, ya veras, y posiblemente tampoco te conformes, pero así es la naturaleza humana. ¡ Viva los inconformistas! jeje
Anónimo disse…
Acabouse eso de picar bombóns...

Xa verás como lograrás o que te propós ;)

Beijinhos orquidianos
Máis sorte co próximo contrato. Por certo, son David de d´Agolada. Bicos
Unknown disse…
Grazas, David. Xa vín o teu novo blogue! Adiante con el!

Beijos!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.