Avançar para o conteúdo principal

As miñas novas cualificacións

Je.

Acabo de recibir no meu buzón as cualificacións definitivas de acceso á universidade (outra vez). Parece de coña, pero ata iso (sendo xa licenciada) teño que ter.

A ver se alomenos me dan praza na ditosa carreira que quero. Entro na nota de corte, xustiña. Pero aí estou: no lugar axeitado no momento oportuno, supoño.

Nunca está demáis ser un pouco fedello, curiosa e inqueda.
Nunca está demáis probar a resistencia propia da nosa mente e do noso corpo, ou a dos outros...
Nunca está demáis vivir.

Comentários

Anónimo disse…
Felicidades entón.

O deseño do blogue, estou con él, pero onte tiven que ir a urxencias ó hospital e levo na cama todo o día, sen poder moverme.

Bicos.
Chispita disse…
Luego que vas hacer ahora?

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!