Avançar para o conteúdo principal

Catálogo da Exposición "Pés que fan andar"



Está á venda o CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN "PÉS QUE FAN ANDAR", da que son co-autora, e que contén 18 fotografías cos seus correspondentes microrrelatos.




Para os e as que esteades interesadas/os, o seu prezo é 10€, que podedes ingresar no número de conta bancaria que vos facilitarei por correo electrónico. Os gastos de envío corren da miña man.

Hai dúas versións do libro, en castelán e en galego. Dende logo, é o agasallo perfecto se tendes algún compromiso nestas datas.

Igualmente, están tamén á venda as fotografías (acompañadas do seu relato) en diferentes tamaños (consultádeme para prezos e iso).



Podédelas ver aquí e escribir ao correo que figura na web info@animaxes.com








Comentários

Hai que ter ese catálogo. Xa che paso as coordenadas por mail.
(A foto da portada con eses dous cadelos pelexando lémbranme algunha película...)
Carallo!, o persoal anda ausente...
Angel Utrera disse…
Xa sabes que eu dixen si.....
Cando poidas, xa ves onde podes atoparme

Un bico

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.