Sobrevivir ás vodas alleas é case unha miragre. Saír delas con honor é o único que non boto en falta: sempre saio con honor delas, a fronte alta, os pés doloridos, o peiteaido revolto pero non desfeito. Ulindo a tabaco e a suor mesturado con perfume. Sobrevivir ás vodas alleas..., sobrevivir ás críticas da familia, que se cre co dereito de poñerte podre ( por que non te casas?, por que non tés fillos? en que traballas? ah! que segues estudando...vaia..., si, vaia). Séntaste con xente que apenas coñeces, de mal beber algúns, de mal carácter sobrios tamén. Fumadores compulsivos que te abafan mentres procuras comer algo de TODA a esaxeración de menú que che poñen diante, sen ganas (non me compensa ir, de verdade). Os que sempre berran eso de "vivan los novios" e "que se besen" ata axordarte. Non me gustan os convites de voda. Non embargantes, mal que ben, alomenos saímos vivos delas. Algo menos vivos de cada unha. Pero... e da dun/dunha mesmo/a, como se sae?