Avançar para o conteúdo principal

Ja sei namorar -- Tribalistas

Eu sou de ninguem
Eu sou de todo mundo
E todo mundo me quer bem
Eu sou de ninguem
Eu sou de todo mundo
E todo mundo e meu tambem...

Comentários

asbeirasdoarnego disse…
Bonita canción, nunca a escoitara, pero a ver se ma descargo co Ares. Un Saudo. Xa facia tempo que non me pasaba por aquí, perdona.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
Unknown disse…
Non escoitaras nunca aos Tribalistas? Bon, nunca � tarde!

A canci�n � linda linda.

Ben se merece a t�a visita.

Apertas e aloumi�os
d´Agolada disse…
Pois eu tampouco oíra falar nunca dos tribalistas, pero os versos que puxeches teñen moita razón, son moi bonitos. Unha aperta.
d´Agolada disse…
Grazas por poñer os premios na barra lateral, outra aperta.
Unknown disse…
Aínda estou pensando o de a quen lle outorgo os premios.
Non ficarán en min só, fareinos rular, prometido.

Beijosmil!

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!