Avançar para o conteúdo principal

O peixe grande e o peixe pequerrechiño

Cada vez cústame máis comprender.

É que cada día hai novas que deixan a un coa alma nos pés e o berro na gorxa, doendo como unha coitelada, desangrándono-la vontade de agir por un sitio algo mellor.

Isto é o que atopei hoxe, ademais do supercaso de incesto de Austria.

Comentários

Mer disse…
Non sei que está a pasar no mundo pero cada día ao ler os xornais xa espero calquera cousa, sen sorpresas posteriores.

Non quixera perder a capacidade de sorpresa nestes temas de violencia, agresión, humillación,... pero temo que todos a estamos perdendo.

Aínda así berro: ¡¡NON QUERO ACOSTUMBRARME A ISTO!!
Unknown disse…
Acredito, Mer.

Cando será o momento de inflexión en todo este caos?

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!