Xa sei que no mes de novembro hai unha entrada con este tema, pero en directo sona mellor.
Sade sempre sona ben, ata nos días de choiva.
Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción. Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...
Comentários
Non lembro se o post é do mes de novembro ou do de decembro.
Grazas pola crítica musical.