Avançar para o conteúdo principal

René Lavand

Hoxe, por casualidade, como suceden as cousas boas, puiden asombrarme infinito con René Lavand. Coa súa arte fantástica do encantamento, a fluidez cálida do seu discurso... A súa maxia que emociona ata as bágoas é como un paxaro na man, que se se aperta demasiado, morre e se se solta, vaise voando.

E tamén como as cousas boas, hai que paladear a maxia de vagar.
No se puede hacer más lento, dí Lavand.
No se puede hacer más lento.

Comentários

d´Agolada disse…
Outro autor que non me soa, a verdade é que aínda me queda moito que aprender. Por certo, Mariola, estás apuntada á xuntanza, é que non me acorda se xa che comentara algo. Bks.
Unknown disse…
René Lavand é ILUSIONISTA, non escritor nin cantautor. :)
Quédache moito por aprender aínda, querido d'agolada.

Xa sei que estou apuntada para a xuntanza, sabíao antes de que mo dixeras a primeira vez, e agora, coa segunda vez, me confirmas a miña segura idea de ir.

Graciñas

Beijo
d´Agolada disse…
Qué cagada non? Pois a verdade é que non tiña nin idea de quen era René Lavand, non me soaba de nada e como ti non o mencionabas pois probei haber se había sorte, desculpa a miña ignorancia.
E en canto ó da Xuntanza non era unha afirmación senon unha pregunta o que pasa é que omitín o signo de interrogación, cousas de escribir a ordenador, xa me entendes... Pois de todas formas non sabía se estabas apuntada como vou por moitos blogues promocionando este acto pois transpapélanseme. Un bico.
Unknown disse…
Pois non te traspapeles, lindo :D

Beijo!
paideleo disse…
Flipante o Rene Lavand...e cunha soa man !.
Unknown disse…
Si.

Non hai máis que dicir.
d´Agolada disse…
Moi gracioso o comentario, déixoche aquí un proverbio grego:
O que pregunta queda tonto por cinco minutos pero o que non o fai queda tonto para sempre.
Esto coméntocho pola suxerencia medio de coña, espero, que me deixaches onte no blogue, non te preocupes que o nome de chorimas non se me esquece na vida. Grazas por contesatar, por certo. Bueno, haber cando publicas algo que levas uns días sen ilustrarnos jeje ( é broma )
Bicos.
d´Agolada disse…
O proverbio de antes non vai moi ben traducido, perdoa.
Un bico
(Pois eu xuraría que suprimiches un post)
Angel Utrera disse…
Non teño o gusto de coñecerte, pero xa vexo que o meu fillo si...
Por certo, eu tampoco coñecia a René Lavand, pero fai uns dias, recibi un correo deses que pululan pola rede, cunha actuacion, vou mirar se non o perdin, o poido recuperarlo, e mandocho.
Grazas.
Unknown disse…
Por suposto que era coña, a ver se vou ser eu aquí "el ser supremo de la lectura", algo así como o Mostro das Galletas de Barrio Sésamo, pero dos libros :D

Suprimín un comentario repe de D'Agolada, Chousa, malpensado.

Benvido, Ángel, un pracer. Graciñas polo post. Agradézoche tamén que se atopas a actuación de Lavand, ma envíes. :)

Graciñassssssssssssss!!!

Beijosmil (hoxe vou de voda e non querooooooooooooooo!!!!!)
d´Agolada disse…
Non pasa nada, xa mo imaxinaba pero por se acaso. Pásao ben na boda, que aínda que non queiras ir seguro que o pasas ben. un bico.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.