Avançar para o conteúdo principal

Vieira do Minho

Aínda que só estiven un dos días das xornadas da Exposiçao Arte e Criaçao II que se celebran dende onte ate o día 2 de Maio na fermosa Vieira do Minho, puidenme sentir como en casa.

Tamén é certo que "casa" é aló onde un se atopa, e se é tan a gusto como hoxe, calquera non se muda :)

O que daría por ter unha familia tan excéntrica e diversa como a que se reuniu arredor da arte no tan fresco auditorio neste caloroso día máis aló da raia.

Comentários

d´Agolada disse…
Ola, es a gañadora de dous premios, pásate polo meu blog a recollelos. Bicos.
Ubi bene, ibi patria.
Non hai duda.

Biquiños de sábado!

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!