Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de outubro, 2008

Vergonza

Quen pode xulgar que, integristas de merda ? Ogallá a muller que vos deu a vida vola quitase no seu momento afogándovos ó nacer, aplastándovos a cabeza cunha pedra como á serpe. Sinto xenreira e vergonza. Vergonza polas vosas nais . Vergonza polas vosas mulleres . Vergonza polas vosas fillas .

Contar catro...

Contar catro para saltar. Retroceder para coller pulos. Contar cinco , seis ..., ata sete. Ata mil. E non ser quen de saltar, non ter forzas nin ánimos para facelo. Seguir ( des )esperando, vendo cada vez máis fondo o abismo que nos separa de nós, berrando na outra beira. E, de socate, sen máis, pechar os ollos, comezar a correr e despegar os pés do chan, sentir o alivio do salto. Sentir o alivio da vida destoutra beira. O livián agarimo do aire morno e do sol na faciana. A fecunda calidez da terra nova nas dedas e nas plantas núas.

Café Coffee Kaffee

A cálida morriña da cunca de café . A tépeda tenrura da túa pel na miña, nos meus beizos, entre as miñas costelas e na miña médula estarrecida. Por iso será que as nubes pasan tan ás présas diante dos ollos abertos, coa mirada perdida nas pólas espidas das árbores e nas follas estradas na herba dos xardíns. E o que xira arredor parece o máis fermoso que as miñas meniñas adormentadas viron ata agora. Por iso será que leo libros con ansia, fumo con placidez e ata o viño me reconforta, cor-de-sangue . Por todo iso. O que vou compartindo contigo, aínda cando non estás. Si.

Morriña da viaxe

La calle Pandrossou Bienamadas imágenes de Atenas. En el barrio de Plaka, junto a Monastiraki, una calle vulgar con muchas tiendas . Si alguno que me quiere alguna vez va a Grecia y pasa por allí, sobre todo en verano , que me encomiende a ella. Era un lunes de agosto después de un año atroz, recién llegado. Me acuerdo que de pronto amé la vida , porque la calle olía a cocina y a cuero de zapatos.

When the truth is I miss you so...

Agarro con forza a miña cunca de rooibos quentiña neste día de outono terrible (canto os estrañaba sen sabelo...). As mans e a punta do meu nariz están tan frías que xa case non as sinto. Parece que quixera converterme no meu nome. Pero aínda me queda o teu calor nos lenzos. Arremuiñarei os cabelos longos ao redor do meu corpo como un abrazo teu. Deixarei a luz acesa por se chegas tarde. Esperarei. Poderás espertarme aínda que estea pálida e fría, calada, silandeira como as sombras na parede do cuarto, na noite, como se estivese morta?

Fifty-fifty

Canto de realidade e canto de invención hai neste blog, nin eu sabería dicirvos. Ás veces, todo se vai trenzando como as frebas da carne ata construír un corpo, un corpo de letras e palabras, cheas de luz e sombra, no padal da miña boca. Comecei a escribir un libro novo de poemas, un para tí só, para que disfrutes del cando xa non esteas, ou para que o odies. Quizais, a partes iguais. 50-50.

Arelas

Que demo pasa? Non vexo máis que crianzas arredor de min. E barrigas preñadas. E embigos. E tenrura. As cores do outono entran nos meus ollos e atravésanme como frechas. E sinto de novo a frustrante espera da maternidade adiada... ata cando?

A vóltas con todo

Non sei que tén a chuvia de outono que me volve vulnerable ao pensamento excesivo. Doulle vóltas a todo, aínda á comida no prato, ás saias, ao meu cabelo longo, ao meu corpo na cama... Creo que me vou marear. [a imaxe sae de aquí ]

Manual "Como non levantar cabeza", por N. Soutelo

Non sei como funciona o organismo humano. O meu, en particular. Pasada xa a influenza, sigo cunha nova infeción esgotando o meu corpo. Síntome cansa, teño febre, fáltame apetito á hora de ter que comer algo, o que só serve para retroalimentar o meu cansazo. Que me está pasando? O médico de cabeceira non me deu senon uns antibióticos e me recomenda repouso. REPOUSO?? Quero máis actividade! Ufff. Menos mal que Elisabetha me dá mimos, porque me sinto algo podre por dentro xa de tan vacía e de tan lonxe (tí). Porque tamén me sabe a boca a merda (como dí a canción) e me sangran os ollos e se me esgazan os peitos sen os teus bicos. Arricaríame a pel pouco e pouco se te perdera agora. Daríame á tristura eterna do inverno, e ó frío, espida na neve. E esquecería a cor amarela e a poesía. Que tráxica me poño por tan pouquiña dor (pero cada unha das palabras que escribo arriba son certas...). Menos mal que xa é martes. Menos mal que te quero.

Falsa alarma

Á fin, queridos e queridas todos e todas, a presentación do libro queda para a primeira semana de Novembro (falta por decidir a data). Menos mal que non me concederon un NOBEL. Que mal humor teño, a golpe de luns. Co desmotivada que viña eu xa das aulas na universidade. Quen me mandaría a min gañar nada. Vémonos nos bares..., se é que combinamos ben (aínda que ata iso dubido...).

Influenza

Parece ser que resulto unha agradable anfitriona, e a amada influenza non me abandona aínda. Supoño que terei que recollerlle as cousiñas todas e pedirlle sen miramentos que marche dunha vez, porque esta conxestión nasal, esta voz de Amy e esta cara de anémica crónica non resultan nada agradables, por non falar do sono que me aletarga ó longo de todo o día. Dóeme o corpo como unha ferida aberta, comesta polas moscas. Iso si, non hai tregua. As aulas son sagradas e a presentación (agora que teño vestido) tamén, máis aínda se cabe, malia que non saiba cando nin onde nin nada de nada en xeral. Que os deuses nos acudan..., se é que non andan con moqueira tamén eles.

Elisabetha

Xa está cada vez máis perto a presentación do poemario. Falta acordar o lugar, pero a data está, en principio, pechada: o xoves da semana que vén, ás 20h. Non sei se levarme a Elisabetha comigo, sería moi cool :D De momento, confórmome con seguir como estou, coas aulas e coa miña vida que parece que despega pouco e pouco os pés do chan, pobres ás estériles que non podían (ou non sabían) voar aínda. Voa xoaniña, voa...

Gripe

Como xa dixen noutras ocasións, "I've got FLU under my skin" :D como canta Sinatra... Vaia xogo idiota de palabras, pero é que a quentura non dá para moito máis. Só para encher o estómago de auga e te e sopa, a bolsa do lixo de panos de papel usados, a cabeza de pensamentos delirantes, os ollos dun brillo estraño pero feliz e fermoso. Vou agardar uns días a que este demo marche do meu corpo para saudar de novo ó Sol de outono coa ledicia sinxela das flores lilás entre as follas secas. Abrigádevos ben! POR CERTO!! Xa queda menos para a PRESENTACIÓN do meu "Código Poético", querido meniño. Hoxe mesmo recibo os meus exemplares e en nada estou en Dodro dándoo a coñecer, da man garimosa de Sotelo Blanco e, espero, do seu prologuista, Rivadulla Corcón. Mantereivos informados da data, lugar e hora do evento. E tamén, en nadiña, terei á miña doce gata comigo na casa . Que día tan marabilloso para ser luns. Será porque mañá vés durmir ós meus brazos de novo.

Vivan os pipiolos borderline

Como botaba de menos a soberbia estúpida e recalcitrante dos pipiolos na Universidade, que se cren los putos reyes del mambo , que manchea de oxtias lles metía... Así nos va , xénero humano decadente, que perde a educación e todo iso das boas maneiras. Este ano voume adicar a sabotear todos os seus intentos de ambición, por mis cojones. Primeiro día de aulas e xa veño ben quentiña. Vou disfrutar desta carreira, bien sabe Dios que si.