Avançar para o conteúdo principal

Fifty-fifty

Canto de realidade e canto de invención hai neste blog, nin eu sabería dicirvos.

Ás veces, todo se vai trenzando como as frebas da carne ata construír un corpo, un corpo de letras e palabras, cheas de luz e sombra, no padal da miña boca.

Comecei a escribir un libro novo de poemas, un para tí só, para que disfrutes del cando xa non esteas, ou para que o odies.

Quizais, a partes iguais. 50-50.

Comentários

Unknown disse…
Es doce como unha pruna madura acabada de apañar para o meu padal amargo, André.

Beijos.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!