Avançar para o conteúdo principal

Falsa alarma

Á fin, queridos e queridas todos e todas, a presentación do libro queda para a primeira semana de Novembro (falta por decidir a data).

Menos mal que non me concederon un NOBEL.

Que mal humor teño, a golpe de luns.
Co desmotivada que viña eu xa das aulas na universidade.
Quen me mandaría a min gañar nada.

Vémonos nos bares..., se é que combinamos ben (aínda que ata iso dubido...).

Comentários

Uuuuuuuuii, para cando che concedamos o Nobel xa podes ir mercando paciencia; que como quen entrega é o Rei estes da realeza sonche moi raritos e seguramente que se fai o sueco para demorar a entrega...

(Ánimo que mañán xa é martessss)
Ah, por certo; cal é a razón pola do rexeite de auga de Mondariz?. A saber que fixeron

Un bico (e outro máis polo anterior comment)

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!