Contar catro para saltar.
Retroceder para coller pulos.
Contar cinco, seis..., ata sete. Ata mil. E non ser quen de saltar, non ter forzas nin ánimos para facelo.
Seguir (des)esperando, vendo cada vez máis fondo o abismo que nos separa de nós, berrando na outra beira.
E, de socate, sen máis, pechar os ollos, comezar a correr e despegar os pés do chan, sentir o alivio do salto.
Sentir o alivio da vida destoutra beira.
O livián agarimo do aire morno e do sol na faciana.
A fecunda calidez da terra nova nas dedas e nas plantas núas.

Comentários
(Hoxe metinme en vena unha dose excesiva de Mencía co xantar e sei o que me digo).
Bicos voadores
O meu voo é metafórico, querido Chousa.
Xa che explicarei ben como se chega a ese estado de liberdade tan puro.
Beijos de uva madura.
(Queda anotada esoutra débeda que agora adquires de ensinarme -non como se chega, senón a chegar- a ese estado ascético -ainda que adoleza de purezas, tampouco pasa nada...-)