Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción. Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...
Comentários
Xa se sabe que un capricho satisfeito constantemente convértese nun VICIO¡¡¡¡
E non é malo ser vicioso, anque digan o contrario (mojigatos pudibundos).
I é que..., está tan bo o chocolate...¡¡¡
Chaus¡¡¡
Saúdooooooooo
Deixa de xogar a ser político...
Deixa de xogar a ser político...
...
...
Quen? Eu?
JAJAJAJAJAAJ
Chica Mala¡
Non lembras que a santidade consiste en non sucumbir a elas ? ;-)))
Xa estou de volta.
Bicos
Eu, como na canción do barqueiro, "no soy bonita ni lo quiero ser".
Menos santidade e máis humanidade.
Beijos a moreas
Beijo alcandreño