Avançar para o conteúdo principal

Tentacións irrefrenables

Cando deixarnos sucumbir á tentación?

Quizais calquera noite de lúa chea sexa bo momento.
Quizais calquera noite.
Calquera día pode ser o "Día Mundial de idem".

Se todo tén o seu lugar no calendario, por que non isto?
Por que non facer de cada día o Día?

Comentários

Jorge¡¡¡ disse…
Á tentación de que?

Xa se sabe que un capricho satisfeito constantemente convértese nun VICIO¡¡¡¡

E non é malo ser vicioso, anque digan o contrario (mojigatos pudibundos).

I é que..., está tan bo o chocolate...¡¡¡

Chaus¡¡¡
Unknown disse…
Que poquito sabemos de la vida... Deixa de xogar a ser político e VIVE !! Sucumbe a todas as tentacións que queiras.

Saúdooooooooo
Jorge¡¡¡ disse…
Deixa de xogar a ser político...

Deixa de xogar a ser político...

Deixa de xogar a ser político...
...
...

Quen? Eu?
JAJAJAJAJAAJ

Chica Mala¡
Anónimo disse…
O día das tentacións ;)
Cuspedepita disse…
¡Que preguntiñas fas, pequena ! ;-))
Non lembras que a santidade consiste en non sucumbir a elas ? ;-)))

Xa estou de volta.
Bicos
Unknown disse…
Benvida, Marisa!!

Eu, como na canción do barqueiro, "no soy bonita ni lo quiero ser".

Menos santidade e máis humanidade.

Beijos a moreas
Eu, que igual que Marisa, tamén estou de volta de algunhas cousas, tamen me deixo sucumbir...

Beijo alcandreño

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!