Hoxe non é un día bonito.
Nin o quere ser.
Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas.
Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir.
Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo.
Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.

Comentários
Non comas moitas pipas escouchadas hoxe. Mañán tamén van saber ben.
Un bico sin escouchar.
Ao fin, non me rendín ás pipas de xirasol. Con mirar todo xa me bastaba.
Un bico acougado.
Mas no dejo de sonreír al saber que la literatura es universal, y algo nos deja entender.
Pero... o mundo fóra segue sen nós a festa agridoce. Como nola imos perder sendo tan festeiros?
Dámaso, cuando tengas problemas con el idioma, pregunta, sin problemas, ok?
Un saúdo e unha aperta!