Avançar para o conteúdo principal

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro.

É(che) o que hai.
Dálle tempo.
Só tés que relaxarte. 
É cuestión de mentalizarse.
Non tomes todo tan a peito.
Dígocho polo teu ben. 
Non hai mal que cen anos dure.

A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano.
Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez?
Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan?
Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.  

E que morra o conto
Viva! 




Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.