Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte. É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben. Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora. E que morra o conto . Viva!
Comentários
(Borra e volve incorporar canto queiras; é así como se fai. Non che hai outro xeito)
Beijos filosóficos
Espero que eses verbos esdrúxulos poidan converterse algún día en besbellos ao oído, en mans dadas polo camiño, en crianzas que arrolar nas horas quentes dos días de vran para durmir a sesta.
Beijos mil (aínda espero que me chames...).
Quizais sexa defecto do animal. Quizais sexa que non sei amar.
Quizais sexa que ame tanto a dor que me produce amar que me cegue niso.
Non sei. O único que sei é que doe, doe tanto...