Avançar para o conteúdo principal

Reincorporar as meditacións

Estiven reflexionando e creo que si debe seguir no seu sitio o post que gardei días atrás, porque tén moito sentido, porque é verdade, porque é o que sinto e como me sinto con respecto a unha situación doorosa.

Por que gosto tanto de magoarme?

Por que amar resulta sempre unha perda para mín?

Comentários

Ti, que tes ollos moi intelixentes, deberías saber que para construir este magnífico poema vital, compre parir versos que ás veces teñen verbos esdrúxulos. Non te quedes solo cun verso. Prosigue e irás percibindo como se vai configurando o poemario...
(Borra e volve incorporar canto queiras; é así como se fai. Non che hai outro xeito)

Beijos filosóficos
Unknown disse…
Grazas, amante meu :)

Espero que eses verbos esdrúxulos poidan converterse algún día en besbellos ao oído, en mans dadas polo camiño, en crianzas que arrolar nas horas quentes dos días de vran para durmir a sesta.

Beijos mil (aínda espero que me chames...).
Anónimo disse…
Creo que a moita xente, amar, resulta unha perda de tempo, polo que non eres a única.
Unknown disse…
Amar non me resulta unha perda de tempo, resúltame unha PERDA, para mín amar é sentir unha doorosa perda, sempre. Pero non de tempo: daría toda a miña vida.

Quizais sexa defecto do animal. Quizais sexa que non sei amar.
Quizais sexa que ame tanto a dor que me produce amar que me cegue niso.

Non sei. O único que sei é que doe, doe tanto...
Anónimo disse…
Doe demasiado, pero sabes que poderás volver amar, porque o corazón, recúbrese cun antifaz, especial, que o protexe da dor.;)