Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción. Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...
Comentários
Por certo, agora que me lembro, o outro día topeime cun blog que se chamaba Carpe dien que, coma ti no teu, puña unha cita como subtítulo. Me crerás si che digo que colocou unha sentencia de Séneca que respaldaba o título (chámase terxiversar e descontextualizar)???
En fin, que moito falar e non digo nada sobre o teu post¡¡¡
Non fagas caso do que digo, estou en fase desbarre antes de ir para clase de Prehistoria de Galicia Con Rodríguez Casal¡¡¡
A pregunta que propón Epicuro por suposto que é boa, senon non sería un dos principais filósofos gregos clásicos.
Eu fago a reflexión en casos extremos, racionalizo os meus propios desexos, pros e contras, vantaxes e desvantaxes. Soen gañar os contras. Non quero desanimar, pero é o que hai.
Un saúdo.
Bico(s)
Eu sigo crendo nos Ideais, nos Valores universais puros.
Son unha estúpida. :)
Recibe todo o meu cariño, Chousa.
Saúdos aos demáis.