Avançar para o conteúdo principal

Desexos e promesas

Debemos presentar a todos e cada un dos desexos a seguinte interrogación: que me sucederá se se realiza o que o meu desexo trata de conseguir? e que se non se realiza?

Epicuro

Comentários

Jorge¡¡¡ disse…
Epicuro foi un vicioso e un incontinente (se fose cristián tería un posto de honra á dereita do demo) que se fixo sabio a base de "josar"..., vaia, coma tantos ascetas e santos e ...(dende Sócrates, Santo Tomás, Lutero, Santa Teresa de Xesús,Paris Hilton (e non é broma, parece ser que agora faise acompañar por un monxe tibetano, ou algo así...)...

Por certo, agora que me lembro, o outro día topeime cun blog que se chamaba Carpe dien que, coma ti no teu, puña unha cita como subtítulo. Me crerás si che digo que colocou unha sentencia de Séneca que respaldaba o título (chámase terxiversar e descontextualizar)???

En fin, que moito falar e non digo nada sobre o teu post¡¡¡

Non fagas caso do que digo, estou en fase desbarre antes de ir para clase de Prehistoria de Galicia Con Rodríguez Casal¡¡¡
asbeirasdoarnego disse…
si tes razón, se non nos realizamos esas preguntas igual o que resulta do desexo que pidimos pode incluso ata perxudicarnos. www.asbeirasdoarnego.blogspot.com, sinto non vir antes por aquí e que estuven moi atareado.
d´Agolada disse…
Esa é unha moi boa pregunta que todos pasamos de facernos posto que nos resulta máis sinxelo pasar de todo, quero dicir simplemente desexalo pensando só no ben que creemos que ese desexo nos vai facer. A verdade é que esa pregunta debería ser ´feita máis amiudo.
Unknown disse…
Coitado Mekemeke, aulas con Casal. Ánimo. Eu tiven a sorte de que, como estreabamos manual, puidemos usalo no exame, e apuntes e todo.

A pregunta que propón Epicuro por suposto que é boa, senon non sería un dos principais filósofos gregos clásicos.

Eu fago a reflexión en casos extremos, racionalizo os meus propios desexos, pros e contras, vantaxes e desvantaxes. Soen gañar os contras. Non quero desanimar, pero é o que hai.

Un saúdo.
Os hedonistas predicaban moito para os demáis e despois eles facían o que lles petaba. Eu tamén quería ser filósofo grego antigo. Pero se miro pros e contras...case quedo en blogueiro galego actual.

Bico(s)
Unknown disse…
Mais poida que levedes razón :D

Eu sigo crendo nos Ideais, nos Valores universais puros.

Son unha estúpida. :)

Recibe todo o meu cariño, Chousa.

Saúdos aos demáis.