Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte. É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben. Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora. E que morra o conto . Viva!
Comentários
Meu Deus, que dibuxo máis...siniestro, non é?
Parece que vas ter que estar un bo anaco ó sol...¡¡¡
Mariola, mariola...¡¡¡
Como diría o radiopredicador pola mañán, tan cedo, AAAAAAAAAAAArriba Mariola¡¡¡
Saúdosss¡¡
Talogo¡¡¡
Xa sabía eu que tiñas unha táctica para las nenas:primeiro insultas e logo preocúpaste, que tienno :D (é coña)
Fanme moita graza os debuxiños estes góticos, non sei porqué. Son como absurdos, pero sen o "como". Son depresivos, suicidas, romanticoides... Que cousas.
En fin, eu necesito ben o meu corazón, é o músculo indispensable no conxunto da máquina que compón o meu interior. E o teu. E o de todas e todos.
Preciso sol, pero con moderación: as peles brancas, que somos delicadiñas, chico...
A coidarse!!
Beijos!
Non son tan simpliño, muller..., tes cada cousa...¡¡¡
En fin, en fin¡¡
Pois tes razón no que dis sobre o meu novo comentario, sobre as Paris New Age,... pero coido que exaxeras abondo, pois estas especímenas sonche, creo, a excepción, e non a regra. Quizáis haxa aspirantes de máis a convertérense en "cousas", pero no conxunto gañan as normais por goleada¡¡¡
Máis nos vale, ós homes e tamén ás mulleres, non si?
Adeus¡¡¡
É un paradoxo, pero é así: eu son un paradoxo.
Grazas polo post, PaideLeo, sempre es moi coidadoso, os teus consellos sempre son benvidos .
En canto a tí, Mekemeke, non me digas que as normais gañan por goleada porque as mulleres raramente somos completamente normais. :D
Coidate!