Avançar para o conteúdo principal

Febreiro

Vaia días de sol en Febreiro.

Aglaiame tanta luz.
O baño de sol é a mellor terapia para o corpo cansado. Para as cicatrices que non curan ben, para a tristura.

Para o desamor.


Comentários

Jorge¡¡¡ disse…
E estasme preocupando...¡¡¡

Meu Deus, que dibuxo máis...siniestro, non é?

Parece que vas ter que estar un bo anaco ó sol...¡¡¡

Mariola, mariola...¡¡¡

Como diría o radiopredicador pola mañán, tan cedo, AAAAAAAAAAAArriba Mariola¡¡¡

Saúdosss¡¡

Talogo¡¡¡
Unknown disse…
Aja!!
Xa sabía eu que tiñas unha táctica para las nenas:primeiro insultas e logo preocúpaste, que tienno :D (é coña)

Fanme moita graza os debuxiños estes góticos, non sei porqué. Son como absurdos, pero sen o "como". Son depresivos, suicidas, romanticoides... Que cousas.

En fin, eu necesito ben o meu corazón, é o músculo indispensable no conxunto da máquina que compón o meu interior. E o teu. E o de todas e todos.

Preciso sol, pero con moderación: as peles brancas, que somos delicadiñas, chico...

A coidarse!!

Beijos!
Jorge¡¡¡ disse…
Mariola, Mariola:

Non son tan simpliño, muller..., tes cada cousa...¡¡¡

En fin, en fin¡¡

Pois tes razón no que dis sobre o meu novo comentario, sobre as Paris New Age,... pero coido que exaxeras abondo, pois estas especímenas sonche, creo, a excepción, e non a regra. Quizáis haxa aspirantes de máis a convertérense en "cousas", pero no conxunto gañan as normais por goleada¡¡¡

Máis nos vale, ós homes e tamén ás mulleres, non si?

Adeus¡¡¡
paideleo disse…
Espero que non esteas sufrindo de desamor. Hai unha cousa pior ca o San Valentin: o San Valentin sen parella.
Unknown disse…
O desamor en mín é xa case unha doenza crónica. Vivo nese estado de abandono constante dende a infancia (o cal non significa que non me amaran con loucura..).

É un paradoxo, pero é así: eu son un paradoxo.
Grazas polo post, PaideLeo, sempre es moi coidadoso, os teus consellos sempre son benvidos .

En canto a tí, Mekemeke, non me digas que as normais gañan por goleada porque as mulleres raramente somos completamente normais. :D

Coidate!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.