1. Nubes e guindastres en pausa aérea Sol da tardiña cando foi que te apagaches? 2. En calma. Así flúen as cousas que me rodean - interior arrasado de intranquilidade e baldío. 3. Leo o que tú les nos meus ollos - a amargura, mercadoría, ese té turbio e frío que xa ninguén bebe - só eu. 4. E a luz rómpese nas esquinas da casa, recantos de pó e suciedade balorenta - soa/ garabatos de insecto atrapado bailando na fiestra. 5. Sinte a taquicardia da rúa asfaltada baixo os teus pés, agora: esta é a Vida. 6. E que os meus ollos só ven as flores amarelas. 7. Como a delicadeza cónica e velenosa dos sanxoans en Xuño, a túa boca. Espiral. Árbore tronzada. Acubillo. 8. Tinta negra e pel. Fiestra aberta ó inconsciente. Paisaxe de promesas. 9. Brúxula dos sentidos xa non sei lerte con claridade - toda esta néboa..., muíño de papel. 10. Entraña gravada en pedra, apenas serás area. 11. (...) sabendo que arderá todo.
Es gibt kein Haben, nur ein Sein, nur ein nach letztem Atem, nach Ersticken verlangendes Sein. [F. Kafka] Non existe o Ter, senon o Ser, un só Ser esixente ata o último alento, ata o afogo [F.Kafka]