Avançar para o conteúdo principal

Vergonza segunda parte

Nun ataque de insomnio debido (que non agradecido) á miña intolerancia ao alcool (mal raio o parta..., a Dios pongo por testigo..., blabla), acabei lendo algo relacionado coa entrada e noticia anteriores.

Na que xa está posteada, líase que unha muller de 24 anos foi lapidada ata morrer a comezos desta semana por orde e "xuízo" dun tribunal "islámico" (????) (Islam NON É ISO!!) ..., cambiemos islámico por INTEGRISTA, raiano xa no puramente irracional (ou simplemente "irracional", o asasinato non tén nada de puro...). Na que agora me atopo e leo en El País, a muller non era aínda tal, senon só unha nena de 14 anos VIOLADA e asasinada, ante a impotencia duns e a vanagloria doutros, en nome dunha lei que non recolle o Qu'ran.

Se xa a concepción antropolóxica do ser humano (xa non toquemos o tema "relixións"...) que veño plantexándome dende hai anos deixaba moito que desexar, sen lugar á esperanza ou a unha lene raiola de optimismo, isto xa non me deixa oco para a dúbida razoable.

Comentários

É ben certo que este tipo de noticias enrúgannos o corazón e póñennos o cerebro absolutamente cargado de ira. E non é para menos.
Pero precisamente mentras ese tipo de barbaridades se cometan neste mundo, debemos permitir unha lene raiola de esperanza. E temos que logralo. Cada quén coa sua aportación. Xa sexa coa pluma e coa denuncia ou coa presión política e diplomática ata que estas cousas (monstruosas) acaben por desaparecer das diferentes sociedades humanas.

Un beijo!
rui disse…
Ben, que haxa cincuenta fillos de puta ou cincuenta mil iso non fai que todo o xénero humano estea condenado. Eu tamén fago parte del e non faría sufrir nin a un animal pequeniño.
Unknown disse…
Acredito contigo, Rui. Eu tampouco sería quen de mancar a ninguén. Iso non quita que a miña visión sexa particularmente negativa, por desgraza.

Un saúdo

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!