Nun ataque de insomnio debido (que non agradecido) á miña intolerancia ao alcool (mal raio o parta..., a Dios pongo por testigo..., blabla), acabei lendo algo relacionado coa entrada e noticia anteriores.
Na que xa está posteada, líase que unha muller de 24 anos foi lapidada ata morrer a comezos desta semana por orde e "xuízo" dun tribunal "islámico" (????) (Islam NON É ISO!!) ..., cambiemos islámico por INTEGRISTA, raiano xa no puramente irracional (ou simplemente "irracional", o asasinato non tén nada de puro...). Na que agora me atopo e leo en El País, a muller non era aínda tal, senon só unha nena de 14 anos VIOLADA e asasinada, ante a impotencia duns e a vanagloria doutros, en nome dunha lei que non recolle o Qu'ran.
Se xa a concepción antropolóxica do ser humano (xa non toquemos o tema "relixións"...) que veño plantexándome dende hai anos deixaba moito que desexar, sen lugar á esperanza ou a unha lene raiola de optimismo, isto xa non me deixa oco para a dúbida razoable.

Comentários
Pero precisamente mentras ese tipo de barbaridades se cometan neste mundo, debemos permitir unha lene raiola de esperanza. E temos que logralo. Cada quén coa sua aportación. Xa sexa coa pluma e coa denuncia ou coa presión política e diplomática ata que estas cousas (monstruosas) acaben por desaparecer das diferentes sociedades humanas.
Un beijo!
Un saúdo