Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de novembro, 2008

Maybe you're gonna be the one who saves me

Pero, sinceramente, prefiro comezar a salvarme soa (algunha vez, se iso...). Aínda que non poida voar. Aínda. [A imaxe sae de aquí ]

Cal é o punto de inflexión?

NON O SEI Seguirás desoutro lado?

Meme "Os cinco praceres"

Lín no blog de L e M este meme e decidín entrar no xogo. A cousa vai en dicir cales son as miñas cinco cousas favoritas , os cinco praceres máis pracenteiros :) 1. A ducha de auga quente pola mañá, pola noite, pola tarde..., cando sexa. 2. As mañás de domingo na auga quente da piscina climatizada. 3.O calor da súa pel na miña, o seu beixo, cada un deles ata o infinito. 4.O arrecendo a café acabado de facer servido nunha cunca, mirando en pixama pola fiestra chea de vaho na mañá. 5.A ollada dos picariños: as miñas arelas de ser nai reflexadas neles.

As horas nas que penso en non volver

Ás veces, penso en non volver. En non volver a cruzar unha mirada ou un sorriso ou unha palabra contigo. Cando chego soa á casa, ou fico na cama inmensa, aterida de frío. Penso en que non merece a pena, polo silenzo de despois. Por todas as preguntas que me trago por orgullo, por non sufrir máis, por non pensar en pensar. Por non ver os teus ollos cando miro calada o teito do cuarto tinguido de vermello. Pola xenreira que parte a miña columna e enche de agullas a miña médula e a miña língua. Polo o aroma acre do abandono. Pola fenda que supura, vidro esgazado. Pola dor e o vacío que me zugan o calor e o sangue, ferida que alimentamos co salitre dos beixos. Pero despois de todo iso estás tú, de novo. A túa voz, o son da túa risa, o olor do teu pelo negro entre os meus dedos, a túa boca como terciopelo morno nas miñas tetas. Deséxote. Ámote. Deixarei que o meu cabelo medre e medre, hedra triste, e levareino solto só por tí. Ata que a dor desapareza. Ou...

No comment

Occisio

Xa comezamos a caída libre hai tempo. Pero os golpes cada vez son máis dolorosos e a nosa resistencia míngua. A deslocalización das empresas galegas cóbrase unha das súas últimas vítimas (mágoa). Xa non volverei a mercar os seus produtos, laméntoo. E iso que adoro as prendas de punto. E os vosos deseños. E a vosa calidade. Todos perdemos con este asasinato . Outra cabeza cortada que se une á coleción dos xíbaros da economía: emporios que nos chuchan, abusando do nome sagrado da nosa terra, sacrificándonos diante do altar de Diñeiro. Xa non máis. Non nos quedan bágoas para despedir ós que marchan dende o peirao, se non somos nós tamén os que marchamos. Miraremos as punteiras dos zapatos cheas de lodo, apertando os dentes ata facernos sangue as enxivas todas. Se é que nos queda alomenos unha soa gota.

Going under

Caio en picado . Se sigo sentíndome así de feble, non sei como vou acabar. Estou nun bucle de enfermidade que non cesa e non atopo a causa. Quizais sexa hora de dar as miñas veas e o meu corpo todo á ciencia médica para que analicen, atopen a raíz da miña doenza contínua e me salven. Quen sabe se (si ou non) chegou a hora. P.S.- Acabo de atopar o que vai ser o meu futuro, se chego a el, como enferma do síndrome de Dióxenes. Será así .

Elizabetha ama a escritura

Elizabetha, a miña doce e louca gata, ama a escritura..., os intrumentos de escritura: xoga incansable cos cadernos, cos lápices e bolígrafos que deixo sobre as mesas. É o felino perfecto para un poeta. Míroa na súa brincadeira e énchome de tenrura e ilusión. Quizais algún día ela escriba o seu propio libro.

Dereito a enfurruñarme

Hoxe quero exercer o dereito ao enfurruñe. A poñer peteiros ata que me cheguen ao chan, a que me saian raios polo cu. E é que HOXE , por iso da curiosidade polos temas propios, dín en ter a xenial idea de chamar ao Concello de Dodro para preguntar polo tema do acto de presentación do poemario, para saber se a data estaba xa pechada. A resposta á miña pregunta foi outra pregunta: Pero..., non te avisaron aínda? Porque (aquí vén a parte graciosa, preparade os panos da man para secar as bágoas cando escachedes ca risa) a data da presentación é MAÑÁ, MARTES 4 DE NOVEMBRO. A poeta está por mandar todo a tomar polo orto. Inclúese en "todo" á Administración, á política e ós políticos, ós certames, ós culturetas, ós círculos intelectuais (malditas camarillas!), ó cambio climático, ós presenteiros e presenteiras en xeral. Pero faráse a hipócrita, poñeráse a súa roupa nova e ata se maquillará un pouquiño para ir linda e actuará como unha parva anfitriona no seu mini-reino de mentira ...

Vergonza segunda parte

Nun ataque de insomnio debido (que non agradecido) á miña intolerancia ao alcool (mal raio o parta..., a Dios pongo por testigo..., blabla), acabei lendo algo relacionado coa entrada e noticia anteriores. Na que xa está posteada, líase que unha muller de 24 anos foi lapidada ata morrer a comezos desta semana por orde e "xuízo" dun tribunal "islámico" (????) (Islam NON É ISO!!) ..., cambiemos islámico por INTEGRISTA, raiano xa no puramente irracional (ou simplemente "irracional", o asasinato non tén nada de puro...). Na que agora me atopo e leo en El País , a muller non era aínda tal, senon só unha nena de 14 anos VIOLADA e asasinada, ante a impotencia duns e a vanagloria doutros, en nome dunha lei que non recolle o Qu'ran . Se xa a concepción antropolóxica do ser humano (xa non toquemos o tema "relixións"...) que veño plantexándome dende hai anos deixaba moito que desexar, sen lugar á esperanza ou a unha lene raiola de optimismo, isto xa n...