Avançar para o conteúdo principal

Occisio

Xa comezamos a caída libre hai tempo. Pero os golpes cada vez son máis dolorosos e a nosa resistencia míngua.

A deslocalización das empresas galegas cóbrase unha das súas últimas vítimas (mágoa). Xa non volverei a mercar os seus produtos, laméntoo. E iso que adoro as prendas de punto. E os vosos deseños. E a vosa calidade.

Todos perdemos con este asasinato.
Outra cabeza cortada que se une á coleción dos xíbaros da economía: emporios que nos chuchan, abusando do nome sagrado da nosa terra, sacrificándonos diante do altar de Diñeiro.

Xa non máis.
Non nos quedan bágoas para despedir ós que marchan dende o peirao, se non somos nós tamén os que marchamos. Miraremos as punteiras dos zapatos cheas de lodo, apertando os dentes ata facernos sangue as enxivas todas. Se é que nos queda alomenos unha soa gota.

Comentários

E no medio da tristura (e cabreo tamén) pola noticia en sí; non podo senón recoñecer o ben afiada que tes a semántica cando a mala ostia che trenza as neuronas.
Unknown disse…
A mala oxtia é a enerxía que move o mundo, querido.

Por moito que se diga doutras.

Beijos
Anónimo disse…
Bueno, non che falta razón. O da deslocalización é unha cuestión singular. Producir onde a xente traballa por catro patacóns e con seguros sociais e condicións penosas.

Se falas da empresa de punto que eu penso, lembra que ainda hai douscentos postos de traballo eiquí, en Lalín. Veremos se aguantan.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.