Avançar para o conteúdo principal

Dereito a enfurruñarme

Hoxe quero exercer o dereito ao enfurruñe. A poñer peteiros ata que me cheguen ao chan, a que me saian raios polo cu.

E é que HOXE, por iso da curiosidade polos temas propios, dín en ter a xenial idea de chamar ao Concello de Dodro para preguntar polo tema do acto de presentación do poemario, para saber se a data estaba xa pechada.

A resposta á miña pregunta foi outra pregunta: Pero..., non te avisaron aínda?

Porque (aquí vén a parte graciosa, preparade os panos da man para secar as bágoas cando escachedes ca risa) a data da presentación é MAÑÁ, MARTES 4 DE NOVEMBRO.

A poeta está por mandar todo a tomar polo orto.
Inclúese en "todo" á Administración, á política e ós políticos, ós certames, ós culturetas, ós círculos intelectuais (malditas camarillas!), ó cambio climático, ós presenteiros e presenteiras en xeral. Pero faráse a hipócrita, poñeráse a súa roupa nova e ata se maquillará un pouquiño para ir linda e actuará como unha parva anfitriona no seu mini-reino de mentira por unhas horas.

Despois, posiblemente vomitará con xenreira toda a bile.

Entón, a cousa queda así.

Presentación de Código Poético
Casa da Cultura de Dodro
Martes 4 de Novembro - 20 h.
Estades convidados e convidadas.
Alomenos, a vosa presenza calmará os meus ánimos enrrabechados.

Comentários

fgul disse…
joder!! Vaia aniño levamos!!

Se está claro que aquí o único que conta é a foto.

ánimo!!

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!