Avançar para o conteúdo principal

Going under

Caio en picado.

Se sigo sentíndome así de feble, non sei como vou acabar. Estou nun bucle de enfermidade que non cesa e non atopo a causa.

Quizais sexa hora de dar as miñas veas e o meu corpo todo á ciencia médica para que analicen, atopen a raíz da miña doenza contínua e me salven.

Quen sabe se (si ou non) chegou a hora.


P.S.- Acabo de atopar o que vai ser o meu futuro, se chego a el, como enferma do síndrome de Dióxenes. Será así.

Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!