Avançar para o conteúdo principal

Fin de semana de letras

Á fin, poesía.
O fin de semana pasado.

O próximo fin de semana.

Pero mentres,...
Todos estes cinco días polo medio de silenzo e aulas.

Esta vida cotiá carente de adrenalina.
Alomenos quedan as madalenas co leite pola mañá para facer menos amargo o grolo.

Comentários

Unknown disse…
Ti o que queres é que te manteña, eh? :D

Espero que todo vaia ben ( e que limpen o campus...).

Beijos!
fgul disse…
Eu, persoalmente recoméndoche os biscoitos de "Sancho Panza" para molhar no leite, aínda que, ben é certo, estes son mellores para días de desesperanza e sono.
Mer disse…
Un chocolate con churros de cando en vez non lle amarga un doce a ninguén, ás veces, mesmo che axuda a levar mellor os días, sexan de letras, de verbas ou de frases enteiras.

Saúdos.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!