Avançar para o conteúdo principal

Un día para a Apocalipse

Xa só queda montar a exposición no local.

Iso será mañá, igual que a inauguración.

Hoxe toca aguantar a chuvia, terrible chuvia, que me deprime e me fai chorar mares de anguria que se escuman contra as miñas rochas.

Quero que marche. Que se vaia da miña vida, da miña casa, da miña alegría.

Pero, cando?

Comentários

Mira que así vas escarallar aquel spot que decía que en Compostela a chuvia era arte!

Bicos mollados
Anónimo disse…
Sairá ben

Beijos molhados
prometeo disse…
Nunca choveu que non escampara. Sairá. Un día sairá. Seino.
Sorte coa inauguración. Sinto perdela. Xa nos conterás.
Paz Zeltia disse…
pois inda que o azar e moito azar de dios para controlalo, eu penso que un sempre pode facer algo por cambiar as cousas!
se alguén non se quere ir ¡empúrrao!

Pásao ben na exposición, fala e rí moito.

:-)
Cuspedepita disse…
Sinto non poder achegarme hoxe ata Santiago, estou tan lonxe! Iso non sería un inconvinte real para a miña alma viaxeira, pero as obrigas familiares atan a unha e non deixan que poida estar onde desexa moitas veces...Esta é unha delas.
Estarei no Modus Vivendi co pensamento, desexándoche moito éxito na exposición e moita sorte en todo.

Unha morea de bicos.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.