Avançar para o conteúdo principal

Síntomas

Levo uns meses cunha sintomatoloxía estraña.

Teño febre pola noite, (37,5º - 38º), cansazo durante todo o día, falta de apetito e a consecuente perda de peso.


Hai algún médico na sala?


Comentários

Cuspedepita disse…
Marioliña, eu non son médico, pero tes que ir que te vexan, non é normal que teñas febre pola noite tanto tempo, seguro que tes algunha infección por ahí que non che da dor, pero que está e haina que atallar.
Anque só sexan unhas décimas, cando duran tempo(máis dunha semana) hai que mirar que é o que as produce.
Anónimo disse…
Enfermidade parasitaria, xa cho dixen, aínda que se fora parasitaria deberían de aparecer tamén máis síntomas.

Xa verá como non será nada.
Unknown disse…
Parasitaria? :S Non fastidies, biólogo, que xa bastante teño co que teño... :D

Terei que ver o que é... A febre é causa dalgo. Haberá que saber a que vén.

Beijos
Vai ser andacio; pero mellor que cho diagnostiquen axeitadamente.
Mens sana in córpore sano.

Bicos termométricos
Paz Zeltia disse…
arre demo! tí ainda es mais remisa ca min para ir ó médico!
Eu cando teño febre non me podo move0r, non sei coma podes facer iso que chaman vida normal (sexa o que sexa)