Avançar para o conteúdo principal

O traballo ou a vida

Como dín nos filmes de bandidos: a bolsa ou a vida.


Eu cambio hoxe o da bolsa (que anda bastante exigua no meu caso) por "o traballo".
Tamén é certo que hai traballos e traballos: hai algúns que fan completa a nosa existencia e hai outros que nos van murchando de pouco en pouco.


Non podo co corpo hoxe, pero teño a alegría feliz.
E iso, por pouco que poida parecer, xa me basta.

Comentários

Jorge¡¡¡ disse…
Ben certo¡¡

A min non me importaría ser berrendeiro, malia estaren mal remunerado e mal visto.

Teño barrido moito na miña vida (os meus pais tiñan unha fábrica de mobles cheiña de serrín...), e lémbrome de teren disfrutado maquinando, argallando" mentres ía dun lado para outro...¡¡¡

Adeus¡¡¡
Anónimo disse…
Intenta descansar un pouco entre traballo e traballo.

Beijos
paideleo disse…
O traballo hai que ilo levando.
Ánimo.
E que aguzar o fouciño seica é MOI jodido; pero segar...é OUTRO cantar. Benvida a un atisbo de mundo real.

Biquiños nas feridas
Paz Zeltia disse…
Ter alegría feliz paréceme do mellor, che. e sendo por traballar... serán as endorfinas de ter movido o corpo no vaivén shhiiisss shaaaasss

bicos de reflex
Unknown disse…
Seguramente, Zeltia linda, serán as endorfinas como ti me dís. :)

Un beijo de sol morno na túa copa de viño ó solpor.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!