Avançar para o conteúdo principal

Día de praia...o domingo

Xa me estou frotando as mans! Mañá, toca día de praia, perfecto!

Sen Operación Bikini, sen moreno de raios UVA, con umbrella e con protección alta para o sol, ademáis do meu vestido hyppie que xa soportou todas as edicións do festival de Ortigueira ás que fun. E o sombreiro.

Adoro os días de praia.
Buscar historias nas cunchas, remover os dedos entre a area, mollar as coxas, a face, probar o sabor salgado da auga fresca coa língua nos meus beizos... Flotar...

Adoro os días de praia, a anarquía calculada das horas.
A brisa mareira, beijo de iodo, no meu cabelo alourado.

Comentários

Mararía disse…
¡Eu tamén adoro os días de praia! ¡É tan relaxante! e como dis ti, unha anarquía total!!!!!!!! Si se acabase o mundo a min que me pillara retozando nas augas salgadas!!
Unknown disse…
Biiiiiiiiieeeeeeennnnnnn!!!

Se chega a Apocalipse, xa sabemos onde quedar :)

Beijos de area
Pois a min que me pille debaixo dun carballo á sombra. Sin areas que se me metan...por onde non deben. E se hai que mollarse que sexa en auga doce.
Da praia so me gusta ver como disfruta quen me rodea. Non me chista un carallo
Paz Zeltia disse…
a min gústame a praia só me gusta para sentar a ver o mar e pasear pola orela... e non no deio do verán coa calor. moito mellor tódalas outras estacións do ano: na primaveira co solciño acariñante, no outono cos solpores melanco´licos, no inverno co atronar das olas e o vento salgado... pero no verán, coa calor, coa xente, cos berros, coas carreiras, co sol a vingarse... non, iso aturabao de nova por aquelo do bronceado e espernexr un pouco na auga xeada. serache cousa da velles, no meu caso, no caso de chousa será sentido común

;-)

bicos salgados e cheíños de area pegándose na crema protectora