Avançar para o conteúdo principal

O que deixa no meu cuarto a maré

Cando o temporal se vai calmando, a miña casa parece un campo de guerra.

É entón cando debo entregarme ao cerimonioso traballo de restaurar a orde entre o caos. Vólvome coidadosa, paciente, meticulosa, hiperactiva.

Supoño que debo arranxar todo o desorde ordenado que a maré trae ao meu cuarto cando te marchas e chega o sol de novo, famenta tempestade doce.

Supoño que non hei de estrañarte nunha longa tempada.

...E é mellor así.






[A imaxe collina prestada de aquí...]


Hoxe sona.- I heard Love is blind, de Amy Winehouse

...What do you expect?
You left me here alone;
I drank so much and needed to touch
Don't overreact – I pretended he was you
You wouldn't want me to be lonely...

Comentários

Anónimo disse…
Reconstrucción
Cuspedepita disse…
Pasou a tormenta e sae unha raioliña de sol entre as nubes ? Pois é hora de traballar ;-)
Unknown disse…
Seino, CuspedePita.

A raioliña é perfecta: é un sol enteiro!

Beijosmil
Cuspedepita disse…
Alédame ! :-)

Un biquiño
Pois a min gústame a tempestade. Semella o orgasmo do mar...

(Así e todo, recoñezo a bonanza das raioliñas, si)

Beijinhos

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.