Avançar para o conteúdo principal

A flexibilidade do Tempo

Non consigo comprender a elástica maleabilidade do Tempo, medido polo mesmo reloxo sempre, negra=60, tic tac tic tac...

Creo que falamos disto ti e máis eu comendo cereixas...

Esta semana vai tan a modo que case sinto o peso dos segundos sobre o meu peito ás noites, mentres fico cos ollos abertos mirando o teito, pensando en novas viaxes que están por vir.

Supoño que é cuestión de paciencia recuperar o pulso interno, superar a arritmia.



[A imaxe collina de aquí ]



Hoxe sona.- Te quiero igual, de Andrés Calamaro

Comentários

asbeirasdoarnego disse…
Paciencia, como ben dis, e o que fai falla... Un Saúdo Marioliña...
asbeirasdoarnego
Suso Lista disse…
Estamos no tempo das cereixas. Cuspedepita vaise fartar de elas. Bicos
Hai arritmias, si. E olladas insomnes cara o teito tamén. O carallo é que non hai metrónomos para medir a negritude da vida. Nin falta que fai.
Tic tac tic tac...

Bicos
paideleo disse…
Todo ten unha velocidade circunstancial e hai que amoldarse a ela.
Que o tempo se che pase con xeito.
insomniorizar disse…
ups, jeje, unha vez máis que acsualidade1
Explicote. despois de traballar a reo estes tres ultimos días, e apenas sen poder mirar o meu blogue, tomeime un descansiño e atopeime co teu comentario.

no descansiño aproveito ademáis para comer as cereixas, que hoxe me trouxo a miña alumna fina, que ven a obradoiro de iniciación a ínformática.

jeje, e así comendo cereixas, accedo o teu blo e ala, jejeje, aquí tamén falades de cereixas.

jini, están no tempo, e as de fina estan boísimas

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.