Avançar para o conteúdo principal

Xuízo de Salomón


Decidiron vender ó seu fillo máis vello para poder ter medios económicos para curar ao máis pequeno.

Que desesperación tan grande puido mover a estes pais, virxe santísima. Sacrificar a vida do san para salvar a do doente.

E aquí o máis que facemos é separar a basura para reciclar (terrible esforzo), ou escoller el vestido,... en rosa o en blanco?.

Cantos xuízos salomónicos como este de India ocorrirán cada día en todas partes.
Maldito Occidente cego, apoltronado e xordo.
[Sei que a foto non casa co texto, pero decidínme por esa para contrapoñela á noticia. A vida ás veces tamén tén unha pisca de alegría e de cor...]

Comentários

Mer disse…
Hoxe en día xa nos parece sacrificio dabondo evitar comer certos alimentos, camiñar para mercar o pan, ter 4 abrigos en vez de 5 e non comprar aqueles zapatos verdes que tanto nos gustaban pero tan caros eran.
Non poderemos entender nin de lonxe a dor doutro tipo de sacrificios que moven e moveron o mundo.
Manel Vázquez disse…
esa dor debiamola ulir nos de cando en vez.
Jorge¡¡¡ disse…
No sé que pinta occidente por el medio.

Quizás tampoco tengamos que interpretar su mentalidad y su manera de actuar "a la manera occidental".

No quiero decir que no sea una tragedia, etc; sino que primero hay que hacer un ejercicio de interpretación de su mentalidad y de sus intenciones para comprenderla, y luego ya se harán juicios de valor...¡¡¡

La noticia peca de parcialidad y de falta de perspectiva...¡¡

Seguro que no tengo razón, pero es lo que pienso...(de hecho no sé ni si me hago comprender...)¡¡¡
Cómpre buscarlle sempre esa cor á vida; para mitigar as tremendas doenzas que en ocasións nos atinxen.
Nunca te canses de buscar a cor...

Un bico colorista
Unknown disse…
Podería engadir moitos comentarios soamente ao de Mekemeke..., pero non quero.

Quédome do lado da dor dos pais e da pasividade abusiva de Occidente (si, OCCIDENTE, Mekemeke), que fai que a medicación básica non chegue a todos e todas (pese a ser un dereito fundamental recollido na Carta de Dereitos Humanos).

Nunca me cansarei de buscar a cor (Chousa querido), nin a dor allea, se podo coa miña pequena vontade e feble voz dar a matraca, malia que só sexa para ter cuberta a miña parceliña de dereito a encabuxarme, a facerme mal sangue...

Occidente apodrece con novas como esta.

Xa teremos oportunidade de falalo con calma tomando unha caña, ou?

Beijos

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!