Avançar para o conteúdo principal

Tempo

Todos pedimos tempo.

Desaproveitamos un anaco do que temos naquelas actividades ou ocios que (cremos) o aproveitan e que fan medrar a nosa felicidade, aínda que non sexa máis que un intre. Algúns dirán: é mentira, non desaproveitamos nada. Non sei.

Pero, sexa cal sexa a nosa opinión, seguimos pedindo tempo.
Non nos basta co que nos é dado.

Ata pedimos tempo (tempo morto), cando xa non nos queda, para poder tomar alento e amar.
Para ler os libros que sempre quixemos ter lido.
Para ver os filmes que imos deixando sen ver, para unha noite tranquila.
Para ir de viaxe a ese sitio especial co que soñamos espertos ás veces.
Para coñecer a esa persoa que nos completa, que nos dá forma, que nos cura e nos dá vida.
Para pedir perdón polos nosos erros.
Para suturar as feridas abertas.
Para escribir e coidar os nosos tesouros.

Para VIVIR.

Comentários

Acabarán por crearse tendas de tempo. Bancos/Caixas de tempo.
Xa que é un ben tan prazado...non sei como é que ainda non hai.

Un bico con tempo

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.