Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción. Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...
Comentários
A globalizacion e un engano tan ben feito que produce "estupidos, ignorantes e felices, na sua propia felicidade, da falsa igualdade ".
Non se dan conta que o enriqueceder e a diferencia, o intercambio de conceptos, vicencias, costumes, linguas....xente viva. No entes globalizados ante a estupidez da sin razon razonada....
Ao final gañou o partido o CApitalismo.....Se MArx levantara a cabeza.... Karl, non Groucho..
aunque eu tiro mais cara os irmans e o seu humor de sempre.....
Una pena, por cierto, lo de ese idioma. Eso les pasa por no tener una "Mesa pola normalización lingüística" como dios manda...¡¡¡
Un saludo malvado¡¡¡