Avançar para o conteúdo principal

Globalizándonos


Canto máis nos queremos comunicar ou facer máis sinxelo o proceso, menos nos achegamos a esa meta.

Porque imos esquecendo polo camiño a palabra.

Comentários

Anónimo disse…
A palabra cada vez vai morrendo con tanta tecnoloxía
Angel Utrera disse…
Os soños da razon producen monstruos......xa o dixo Francisco de Goya, nos seus "aquelarres"
A globalizacion e un engano tan ben feito que produce "estupidos, ignorantes e felices, na sua propia felicidade, da falsa igualdade ".
Non se dan conta que o enriqueceder e a diferencia, o intercambio de conceptos, vicencias, costumes, linguas....xente viva. No entes globalizados ante a estupidez da sin razon razonada....
Ao final gañou o partido o CApitalismo.....Se MArx levantara a cabeza.... Karl, non Groucho..
aunque eu tiro mais cara os irmans e o seu humor de sempre.....
paideleo disse…
Cando desaparece unha lingua desaparece unha vision do mundo distinta.
Jorge¡¡¡ disse…
Hay que ver que bien aprendidos se tiene la gente los tópicos y la retórica progre... Eso sí que es globalización¡¡¡¡

Una pena, por cierto, lo de ese idioma. Eso les pasa por no tener una "Mesa pola normalización lingüística" como dios manda...¡¡¡

Un saludo malvado¡¡¡

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.